Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 20 de maio de 2015 Páx. 19995

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

S. Coop. Galega Fonsagrada Xestoso de Neiro

ANUNCIO de disolución.

Anuncio de disolución de Sociedade Cooperativa Galega Fonsagrada Xestoso de Neiro.

A sociedade cooperativa Fonsagrada Xestoso de Neiro acordou, mediante asemblea xeral extraordinaria que tivo lugar o 12 de decembro de 2014, a súa disolución por incorrer nas causas de disolución establecidas na letra c) do artigo 86 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia.

A devandita disolución foi formalizada en escritura pública o 12 de febreiro de 2015 ante o notario do Ilustre Colexio de Galicia Carlos Antonio Doval Grande.

A Fonsagrada, 8 de abril de 2015

Marcos López López
Liquidador de Sociedade Cooperativa Galega
Fonsagrada Xestoso de Neiro