Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 20 de maio de 2015 Páx. 19982

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo para conserxaría-celadoría para o Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG), polo procedemento aberto, con pluralidade de criterios e documentalmente simplificado.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es .

d) Data de publicación no perfil do contratante: 23 de setembro de 2014.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: conserxaría-celadoría para o Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: adxudicación baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación: 56.770,98 €, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 7 de abril de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 27 de abril de 2015.

c) Adxudicataria: Combina Social, S.L.

d) Importe de adxudicación: 56.770,98 €, IVE excluído (importe máximo de adxudicación).

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2015

Mª Nava Castro Domínguez
Directora de Turismo de Galicia