Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 20 de maio de 2015 Páx. 19956

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 11 de maio de 2015, da Zona de Recadación da Coruña, polo que se dá a coñecer a poxa pública de varios bens e dereitos.

De conformidade cos acordos da Axencia Tributaria de Galicia do 29 de abril de 2015 e do 5 de maio de 2015, infórmase que o día 25 de xuño de 2015 ás 10.00 horas, no salón de actos da Delegación da Axencia Tributaria de Galicia na Coruña (sita na Praza de Pontevedra, 22) terá lugar a poxa pública dos bens/dereitos que se describen a seguir:

Lote

Descrición

Valoración

Cargas

Tipo 1

Tramos

1

50 % do pleno dominio con carácter privativo por título de herdanza da vivenda, sinalada co número 9 do lugar de Figueroa, parroquia da Agualada, concello de Coristanco, composta de dous andares, cada un ocupa unha superficie de 99 m2 de superficie. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Carballo de número de predio 13866, tomo 1364, libro 131, folio 19, alta 1.

29.150,55

Non constan

29.150,55

100,00

2

Pleno dominio con carácter privativo do solo sen edificar sito no lugar de Estramil na Laracha, A Coruña de superficie 1.622 metros cadrados. Referencia catastral 3700606NH3930S0001HQ.

40.256,42

Non constan

40.256,42

100,00

3

Pleno dominio por título de achega do predio urbano, casa sinalada co número 2 moderno, do lugar de Cancelo de Arriba, parroquia de Loureda, concello de Arteixo, composta de andar baixo e alto, cos seus anexos consistendes en bodega, alpendre, eira, curral, horta e labradío nomeado Esqueiro do Muíño, formando todo un só predio que ocupa a superficie total de 1.415 m2. Predio nº 27301 Rexistro da Propiedade de Arteixo. Referencia castral 15005A081000550000PL.

49.379,2

Non constan

49.379,2

100,00

4

Pleno dominio con carácter privativo do terreo sito no lugar de Louseira, parroquia de Cervas, concello de Ares, de superficie 792,89 metros cadrados. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Pontedeume de número de predio 12714, tomo 981, libro 134, folio 14, alta 1.

1.926,72

Non constan

1.926,72

100,00

5

Pleno dominio con carácter privativo de parcela sita na rúa de Gaviota, nº 11, na parroquia de Serantes concello de Oleiros, A Coruña, cunha superficie de 545,15 metros cadrados. Linda: norte con resto de predio matriz; sur, vía da urbanización; leste, parcela segregada - urbana D-; e oeste, Construcciones Roca y Compañía, S.L. Inscrita no Rexistro da Propiedade da Coruña, 3, número de predio 43474, tomo 3412, libro 648, folio 51, alta 2.

59.848,43

Non constan

59.848,43

100,00

6

100 % do pleno dominio con carácter ganancial por título de compravenda da vivienda tipo D, sita no terceiro andar, con acceso desde a rúa ou a través do portal número 2 na praza pública, á esquerda subindo as escaleiras, dun edificio sito na Urbanización El Lagar, na Pobra do Caramiñal, de superficie útil de 89 metros e 66 decímetros cadrados. Designada como vivenda da esposa en procedemento abreviado 591/2013 do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribeira.

51.117,39

Non constan

51.117,39

100,00

7

Pleno dominio con carácter privativo por título de compra da vivenda unifamiliar acaroada sita na parcela de terreo 2M en termos de Monterrei, polígono S.U.R.-1, predio Caracochas, concello do Pereiro de Aguiar. O terreo ten unha superficie 262,15 metros cadrados e a vivenda ocupa unha superficie total construída de 174,75 m2. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ourense, 3, de número de predio 12077, tomo 1632, libro 114, folio 167, alta 7.

144.343,50

Non constan

144.343,50

100,00

8

25 % por título de herdanza como único herdeiro de Pedro Lago Vilaboy, finado o 5 de decembro de 2007, do predio urbano, parcela 348 de concentración parcelaria do predio catastral con número de identificación 15082A501003480000FY, con 12.845 metros cadrados de superficie, sita no lugar de Campo, Aveledo, concello das Somozas. Predio 5187 do Rexistro da Propiedade de Narón.

18.434,61

Non constan

18.434,61

100,00

9

50 % por título de herdanza como único herdeiro de Pedro Lago Vilaboy, finado o 5 de decembro de 2007 de predio urbano sito no lugar de Castelo, Leira de Pita, concello das Somozas, cunha superficie de 36.262 metros cadrados. Parcela 337 de concentración parcelaria, con referencia catastral número 15082A501003370000FE, predio 5176 do Rexistro da Propiedade de Narón.

102.672,00

Non constan

102.672,00

100,00

10

2/12 avas partes do pleno dominio con carácter privativo por título de división horizontal do local destinado a doce habitacións de bicicletas, situado na parte do entresollado do edificio, totalmente terminado, sinalado cos números 59 e 61 de rúa Ángel Rebollo, da cidade da Coruña. Da superficie útil total de 71,61 metros cadrados. Inscrita no Rexistro da Propiedade da Coruña 4 de número de predio 16983, tomo 2593, libro 398, folio 16.

4.321,48

Non constan

4.321,48

100,00

11

Metade do pleno dominio con carácter privativo do predio rústico a labradío denominada Rabadeira do Castro no concello de Miño, formada por agrupación, cunha superficie de 4 áreas e 60 centiáreas. Predio 7265/A do Rexistro da Propiedade de Pontedeume.

971,00

120.436,00

971,00

100,00

12

Rústica: labradío sito no lugar de Laxe, denominado Caldagua, parroquia de Santa María de Rutis, concello de Culleredo. Superficie: 1 ha, 18 a e 77 cta. Lindeiros: norte, herdeiros de Carmen Zuazo; sur, Dolores Requeijo; leste, por onde ten muro, Manuel Soane Aguilar, herdeiros de Juan Serantes e Juan Rey García e oeste con camiño público do lugar de Lage ao de Palavea en Elviña. É o predio 10354 do Rexistro da Propiedade nº 3 da Coruña.

53.730,18

Non constan

53.730,18

100,00

13

Cen por cento da obra nova con carácter ganancial de casa en mal estado de conservación, de andar baixo e alto, a vivenda e bufarda, que mide seis metros de fronte por oito de fondo, cun patio de igual medida, situada no número 26 da avenida España, de Cedeira. Referencia catastral 6646308NJ7364N00010Y. Predio 3465 do Rexistro da Propiedade de Santa Marta de Ortigueira.

169.089,00

60.487,00

108.602,00

100,00

14

Dereitos hereditarios sobre a parcela número 250 da zona de concentración parcelaria de San Pedro de Loureda, concello de Boqueixón. Labradío e monte no lugar de Carballino, de 39 áreas e 55 centiáreas. Predio 16932 Rexistro da Propiedade Santiago de Compostela nº 1.

61.495,74

Non constan

61.495,74

100,00

15

Vehículo BMW 525 TDS bastidor WBADF71030BS46498 matrícula 2107CNP.

2.430,00

0

2.430,00

50,00

16

Pleno dominio con carácter privativo do local comercial sito no andar baixo do edificio sinalado co número 36 da avenida de Posse, en Sada, da superficie aproximada de 95,83 metros cadrados. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Betanzos de número de predio 24649, tomo 1931, libro 356, folio 40, alta 1.

44.515,80

Non constan

44.515,80

100,00

17

Metade do pleno dominio de predio urbano, a vivenda, sita en piso primeiro letra C, da rúa dos Muíños nº 14, no lugar de Aceas. Parroquia de Santa María do Temple, concello de Cambre de superficie 42 metros cadrados. Inscrita no Rexistro da Propiedade da Coruña 1 de número de predio 12983, tomo 2909, libro 338, folio 196, alta 2.

13.772,88

Non constan

13.772,88

100,00

18

Metade de predio rústico, a monte, sito no lugar de Batáns, concello de Culleredo, con tres mil cento setenta e un metros cadrados. Predio catastral 15031A012002080000OI, predio número 10829 do Rexistro da Propiedade nº 3 da Coruña.

18.174,98

10.598,78

7.576,20

100,00

19

Praza de garaxe número 56 sita no soto primeiro cunha superficie construída de 24,82 metros cadrados, sita no Milladoiro, concello de Ames, Edificio Milladoiro II, número 8-10 da rúa Agro da Vella. Predio 35565 do Rexistro da Propiedade de Negreira.

10.000,00

Non constan

10.000,00

100,00

20

Inmoble urbano, correspondente a predio sito no lugar de Liñares, nº 13, do concello de Vilarmaior a uso residencial cunha superficie de 2.497 metros cadrados na que consta edificación a uso residencial cunha superficie construída de 309 metros cadrados. Finca con identificación catastral número 1783404NH7928S0001YB.

67.276,92

Non constan

67.276,92

100,00

21

Pleno dominio de predio urbano sita na rúa da Curuxa, nº 19 de Santiago de Compostela, cunha superficie construída de 332 metros cadrados sobre predio de 1.612 metros cadrados. Referencia catastral 7545506NH3476F0001GF.

258.448,70

Non constan

258.448,70

500

22

Pleno dominio de predio urbano sito na rúa Outeiro Vello, nº 37 de Santiago de Compostela, cunha superficie construída de 225 metros cadrados. Referencia catastral 7350803NH3474E0001EJ.

104.023,40

Non constan

104.023,40

500

De conformidade co disposto no artigo 101 do Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, faise constar que:

a) Están ao dispor dos interesados, na Zona de Recadación da Coruña, onde poden ser examinados ata o día anterior ao da poxa, os expedientes de constrinximento en que constan os títulos de propiedade dos bens ou dereitos poxados e o estado das súas cargas e gravames, cos cales se deberá conformar, sen ter dereito a exixir outros.

b) Cando se trate de bens ou dereitos inscritibles nos rexistros públicos, os licitadores non terán dereito a exixir outros títulos de propiedade que os achegados no expediente; de non estar inscritos os bens ou dereitos no rexistro, o documento público de venda é título mediante o cal se pode efectuar a inmatriculación nos termos previstos na lexislación hipotecaria. Nos demais casos en que sexa preciso, haberán de proceder, se lles interesa, como dispón o título VI da Lei hipotecaria, para levar a cabo a concordancia entre o rexistro e a realidade xurídica.

c) As cargas e gravames que subsistisen ao crédito dos executantes continuarán subsistindo, e entenderase que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

d) No tipo da poxa non se inclúen os impostos indirectos que graven a transmisión dos ditos bens ou dereitos.

e) A obriga de constituír ante a mesa de poxa con anterioridade á súa realización un depósito do 20 % do tipo de poxa. De forma motivada poderá reducirse este depósito ata un mínimo do 10 por cento. Se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, o dito depósito aplicarase á cancelación da débeda, sen prexuízo das responsabilidades en que poidan incorrer polos prexuízos que orixine a falta de pagamento do prezo de remate. O depósito deberá constituirse mediante cheque que cumpra os requisitos establecidos no artigo 35.1 do Regulamento xeral de recadación ou por calquera medio que se habilite para o efecto.

f) A poxa suspenderase en calquera momento anterior á adxudicación de bens ou dereitos se se fai o pagamento da contía establecida no artigo 169.1 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

g) O adxudicatario entregará no acto da adxudicación ou dentro dos 15 días seguintes a diferenza entre o depósito constituído e o prezo da adxudicación.

h) Admitiranse ofertas en sobre pechado; nese caso, a mesa de poxa substituirá os licitadores, e poxará por eles na forma prevista para o efecto.

i) Despois de ter lugar a primeira licitación, a mesa poderá acordar a realización dunha segunda licitación, logo da deliberación da súa conveniencia. Neste caso admitiranse poxas que cubran o novo tipo, que será o 75 por cento do tipo de poxa en primeira licitación.

j) De conformidade co disposto no artigo 107 do Regulamento xeral de recadación, se quedasen bens sen adxudicar iniciarase o trámite de adxudicación directa por prazo de seis meses, e poderanse presentar ofertas en sobre pechado a partir dese momento á mesa de poxa.

A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas ao remate do prazo do mes seguinte ao do seu inicio, e poderase proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. No caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas ou mellora das existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento, e así sucesivamente co límite total de seis meses.

A Coruña, 11 de maio de 2015

Julián Benavides Delgado
Recadador de zona da Coruña