Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 20 de maio de 2015 Páx. 19775

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2015, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as industriais, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 122, do 28 de xuño), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 30 de abril de 2015, o tribunal nomeado pola Orde do 14 de abril de 2014 (DOG núm. 80, do 28 de abril), pola que se nomea o tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as industriais, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (DOG núm. 122, do 28 de xuño),

ACORDOU:

Primeiro. Desestimar as reclamacións presentadas en relación coa puntuación do terceiro exercicio.

Segundo. Declarar a todos/as os/as aspirantes que superaron o terceiro exercicio exentos da realización do cuarto exercicio por ter presentado a documentación xustificativa sinalada na base II.1.1.4. da convocatoria.

Terceiro. Publicar como anexo a esta resolución a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade.

De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, os/as aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución, para presentar a documentación prevista na citada base.

De conformidade coa base IV.3, se teñen a condición de funcionarios/as de carreira da Administración da Xunta de Galicia estarán exentos/as de xustificar documentalmente as condicións e demais requisitos xa probados para obter o seu anterior nomeamento e deberán presentar certificación do servizo de persoal da consellería ou organismo de que dependesen para acreditar tal condición.

Cuarto. Elevar esta relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para os efectos de que os/as aspirantes que figuran nela sexan propostos/as para o seu nomeamento como funcionarios/as de carreira.

Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o/a conselleiro/a de Facenda nos termos previstos nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 30 de abril de 2015

José Manuel González González
Presidente do tribunal

ANEXO
Proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de
Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as industriais

DNI

Apelidos e nome

Primeiro exercicio

Segundo exercicio

Terceiro exercicio

Cuarto exercicio

Total

33329201Q

Vázquez Iglesias, Nicolás

17,93

13,79

17,04

Exento

48,76

36068200Z

Alonso Penelas, Pablo

14,48

12,73

13,16

Exento

40,37

32671779A

Uria Traba, Paula María

12,24

12,62

14,94

Exento

39,80

36146212X

Otero García, Xosé Eladio

13,79

11,50

13,90

Exento

39,19

44449375N

Rodríguez Gómez, Saul

15,00

11,09

12,50

Exento

38,59

32785424M

Fuentes Bermejo, Ana María

12,41

10,97

13,76

Exento

37,14

44807335T

Blanco Silva, Fernando

10,51

12,46

13,96

Exento

36,93

76723230Z

Rodríguez Paz, José

12,24

11,41

12,78

Exento

36,43

35478597Q

Bouzada Portas, Natalia

11,37

11,23

13,62

Exento

36,22

44459274K

Señaris Rodríguez, Pablo

11,37

10,54

14,08

Exento

35,99

32667335K

Taboada López, Tito Javier

13,62

10,79

11,42

Exento

35,83

32701229J

López Paz, María Vanesa

12,41

10,57

12,22

Exento

35,20

33285081X

Hermo Nimo, Antonio

11,37

10,98

12,66

Exento

35,01