Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 19 de maio de 2015 Páx. 19701

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de aprobación definitiva dos estudos de detalle de varios volumes no parque empresarial das Gándaras.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 4 de maio de 2015, acordou aprobar definitivamente os estudos de detalle para a ordenación de volumes nas parcelas: B-6, H-4 e K.1.1, do parque empresarial As Gándaras, promovidos por Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A.

O acordo de aprobación definitiva do devandito estudo de detalle foille comunicado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia con data do 8 de maio de 2015, en cumprimento do establecido no artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Lugo, 8 de maio de 2015

P.D. (Decreto Alcaldía nº 13008312) José Antonio Carro Asorey
Luis Manuel Álvarez Martínez Secretario xeral do Pleno
Tenente alcalde delegado da Área
de Urbanismo e Medio Ambiente