Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 19 de maio de 2015 Páx. 19710

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xinzo de Limia

ANUNCIO de información pública sobre a ampliación dunha explotación porcina en Parada de Ribeira.

María Flor Blanco Rodríguez solicitou nesta alcaldía licenza municipal para a ampliación dunha explotación porcina sita nas parcelas números 1081 e 11082 do polígono 501 da CP de Parada de Ribeira, deste municipio. En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no DOG– poidan examinar o expediente, na Secretaría do concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as observacións que xulguen oportunas.

Xinzo de Limia, 8 de maio de 2015

Antonio Pérez Rodríguez
Alcalde