Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 19 de maio de 2015 Páx. 19689

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 6 de maio de 2015, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se notifica ao interesado a resolución de baixa de oficio da clasificación turística e a cancelación da inscrición dun establecemento no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, faise pública a resolución, ditada pola directora da Axencia Turismo de Galicia no procedemento de baixa de oficio na clasificación turística e a cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega do establecemento relacionado, xa que, intentada a notificación, non se puido realizar esta polos medios habituais por descoñecido.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante a directora da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1192, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 6 de maio de 2015

Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Establecemento: Grupo Viaxes Aluma, S.L.L.

Titular: Grupo Viaxes Aluma, S.L.L.

NIF: B15718901.

Enderezo: avenida da Constitución, 49, baixo.

Concello: 15930 Boiro.