Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 19 de maio de 2015 Páx. 19593

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN de erros. Orde do 11 de marzo de 2015 pola que se convocan os procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de educación e de mestres e de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertido erro na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia, número 53, do 18 de marzo de 2015, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 11051, onde di: «De non poder actuar tampouco os suplentes, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos… empezando pola letra «A» que fai mención no número 2.b da base oitava desta convocatoria».

Debe dicir: «De non poder actuar tampouco os suplentes, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos… empezando pola letra «S» a que se fai mención no número 2.b da base oitava desta convocatoria».