Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 19 de maio de 2015 Páx. 19618

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (738/2014).

Eu, Marína García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que por providencia ditada no día da data no proceso seguido por instancia de César Argibay Pampín contra Mutua Fraternidad Muprespa, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Okay Group World, S.L., en reclamación por seguridade social, rexistrado co número seguridade social 738/2014, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da Lei de xurisdición social, citar a Okay Group World, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 7 de xullo de 2015, ás 10.50 horas, na sala 1, planta baixa, Edificio da Audiencia, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que se intente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer no acto de xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, unha vez trasladada esta intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Okay Group World, S.L., expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 27 de abril de 2015

A secretaria xudicial