Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 19 de maio de 2015 Páx. 19603

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de xefatura e coordinación de persoal de xestión e servizos.

Convocada por Resolución do 10 de febreiro de 2015 (DOG nº 42, do 3 de marzo), a provisión de varios postos de xefatura e coordinación de persoal de xestión e servizos, esta xerencia, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión de postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG nº 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, modificado polo Decreto 111/2013, do 4 de xullo (DOG nº 140, do 24 de xullo), e na Orde do 12 de abril de 2013 (DOG nº 76, do 19 de abril), polo que se desenvolve a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, así como na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión de varios postos de xefatura e coordinación de persoal de xestión e servizos, convocada por Resolución do 10 de febreiro de 2015 (DOG nº 42, do 3 de marzo).

Segundo. Nomear, para os postos que se indican, as persoas citadas no anexo desta resolución.

Terceiro. Os aspirantes nomeados deberán cesar na praza que desempeñen dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberase efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo e percibiranse os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesta situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa conforme a Lei 6/2001, do 29 de xuño (DOG nº 135, do 12 de xullo), de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma galega á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderase interpor recurso de alzada ante o mesmo órgano que ditou o acto ou ante o competente para resolvelo, que será a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes que comezará a contar a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido no artigo 114 e seguintes da Lei 30/1992 citada.

Lugo, 27 de abril de 2015

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

ANEXO

Denominación do posto: Xefatura do Servizo de Xestión de Persoal.

Nome e apelidos: Cristina Rigueiro Veloso.

NIF: ***** 191D(*).

Denominación do posto: Xefatura do Servizo de Recursos e Reclamacións.

Nome e apelidos: José Ángel López Méndez.

NIF: *****896F (*).

Denominación do posto: Xefatura do Servizo de Contratación Administrativa.

Nome e apelidos: Mª Teresa Durán Fernández.

NIF: *****189L (*).

Denominación do posto: Xefatura do Servizo de Planificación, Provisión e Condicións de Traballo.

Nome e apelidos: Ana María Vázquez Martínez.

NIF: *****747T (*).

(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.