Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 18 de maio de 2015 Páx. 19457

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo de execución da obra pública hidráulica para a renovación de infraestruturas de abastecemento e saneamento na Rúa (primeira fase), A Rúa de Valdeorras (Ourense), non suxeito a regulación harmonizada, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

A Dirección de Augas de Galicia, como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012, de delegación de competencias, ditada pola Presidencia da entidade e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto do ente público, contratou a seguinte actuación:

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil desde a plataforma de contratos públicos de Galicia, a través de http://www.xunta.es, e desde a plataforma de contratación del sector público https://contrataciondelestado.es, por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://www.augasdegalicia.xunta.es

Tipo de contrato: obra.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto, con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

Valor estimado do contrato: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

Vantaxe da oferta do adxudicatario: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de valoración establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia ás dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

2. Obxecto do contrato: obra.

Descrición: renovación de infraestruturas de abastecemento e saneamento na Rúa (1ª fase). A Rúa de Valdeorras (Ourense).

Número de expediente: OH.532.791.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232150-8.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 179, do 19 de setembro de 2014.

Orzamento base de licitación: importe neto: 596.347,58 euros. Importe total: 721.580,57 euros.

Data de adxudicación: 30 de marzo de 2015.

Importe de adxudicación: importe neto: 499.739,27 euros. Importe total: 604.684,52 euros.

Data de formalización do contrato: 7 de abril de 2015.

Contratista: Petrolam A Veiga, S.L.

3. Cofinanciamento da Unión Europea.

A actuación referida no punto 2 anterior está cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nunha porcentaxe dun oitenta por cento (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3: ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos; tema prioritario ou medida 45: xestión e distribución de auga potable; actuación 3.45.2: renovación, mellora, optimización e desenvolvemento de novas infraestruturas de abastecemento, tales como presas, pequenos encoros, captacións, depósitos reguladores, estacións de tratamento de augas potables, redes de distribución e sistemas de automatización e control. Unha maneira de facer Europa.

4. Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2015

Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia