Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 18 de maio de 2015 Páx. 19496

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO do 7 de maio de 2015 do procedemento aberto para a contratación do servizo de mantemento da caseta de medición da calidade do aire.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: praza do Trigo, nº 2-3º.

3º. Localidade e código postal: Ourense 32005.

4º. Teléfono: 988 26 93 33.

5º. Fax: 988 22 14 94.

6º. Correo electrónico: contratacion@ourense.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

d) Número de expediente: 2014016595 (ref. 2312).

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de mantemento da caseta de medición da calidade do aire.

c) Lugar de execución/entrega: Concello de Ourense.

d) Prazo de execución/entrega: dous anos.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 50410000-2.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación e a súa ponderación:

Oferta económica: 90 puntos.

Oferta técnica: 10 puntos, distribuídos da seguinte forma:

– Nivel de detalle e claridade na memoria técnica de execución do servizo. Coherencia na planificación de actividades: ata 2 puntos.

– Información, contidos e calidade dos informes anuais de calidade do aire: ata 2 puntos.

– Dispoñibilidade de equipamentos das mesmas características para a súa substitución temporal en caso de avarías: ata 2 puntos.

– Tempo de resposta ante avarías inferior a 48 horas: ata 2 puntos.

– Calidade e operatividade do sistema de xestión de incidencias vía web ou correo electrónico: ata 2 puntos.

4. Orzamento base de licitación.

a) Valor estimado do contrato: 80.000 euros.

b)Tipo de licitación: importe neto: 20.000 euros. IVE: 4.200 euros. Importe total: 24.200 euros.

5. Garantías exixidas.

a) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económico-financeira: a que se sinala no artigo 12 (doc. 4) do prego de condicións.

b) Solvencia técnica: a que se sinala no artigo 12 (doc. 5) de prego de condicións.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que se realicen as publicacións no BOP e no DOG.

b) Modalidade de presentación: a que se sinala no artigo 12 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral.

2º. Domicilio: praza Maior, núm. 1.

3º. Localidade e código postal: Ourense 32005.

4º. Enderezo electrónico: rexistroxeral@ourense.es

d) Prazo de vinculación da oferta: 3 meses contados desde a apertura de proposicións.

8. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: Concello de Ourense, praza Maior, núm. 1.

b) Localidade e código postal: Ourense 32005.

c) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade.

O importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Ourense, 7 de maio de 2015

Agustín Fernández Gallego
Alcalde