Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 18 de maio de 2015 Páx. 19418

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (139/2014).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 139/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Cristina Castro Lareo, Mónica López Paulos, María del Pilar Canosa Ríos, María Vázquez Varela contra Galicia Saudade, S.L., administrador concursal de Galicia Saudade, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa decisión di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por María Cristina Castro Lareo, Mónica López Paulos, María del Pilar Canosa Ríos, María Vázquez Varela contra a entidade Galicia Saudade, S.L., a súa administración concursal e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Galicia Saudade, S.L. e a súa administración concursal ao aboamento das seguintes cantidades:

A María Cristina Castro Lareo, a cantidade de 2.903,98 € brutos por salarios de agosto a outubro de 2012, incrementada no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

A Mónica López Paulos, a cantidade de 2.997,32 € brutos por salarios de agosto a outubro de 2012, a compensación económica por vacacións e gastos de quilometraxe devindicados nos mesmos meses, incrementada no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

A María del Pilar Canosa Ríos, a cantidade de 3.457,66 € brutos por salarios de agosto a outubro de 2012, a compensación económica por vacacións e gastos de quilometraxe devindicados nos mesmos meses, incrementada no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

A María Vázquez Varela, a cantidade de 3.328,96 € brutos por salarios de agosto a outubro de 2012, a compensación económica por vacacións e gastos de quilometraxe devindicados nos mesmos meses, incrementada no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtaselle ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditándoo mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo. Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Galicia Saudade, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de abril de 2015

A secretaria xudicial