Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 18 de maio de 2015 Páx. 19486

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación do servizo de lavandaría para centros sanitarios, contratación documentalmente simplificada (expediente AI-SER1-15-003).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro s/n, 2ª planta.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4º. Teléfono: 881 54 36 35.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Número de expediente: AI-SER1-15-003.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de lavandaría para centros sanitarios do Servizo Galego de Saúde.

c) División por lotes: si/5.

d) Prazo de execución/entrega: 48 meses desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 98312000-3.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntuación

– Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

0 - 38

• Garantía de procesado

0 - 7

• Garantía de funcionamento

0 - 5

• Procedemento de detección de roupa en condicións non óptimas para o uso

0 - 2

• Medidas empregadas para non mesturar roupa entre centros do mesmo lote e entre distintos lotes ou evitar extravíos

0 - 2

• Sistema de hixienización dos medios de transporte e distribución

0 - 6

• Sistema de transporte e distribución

0 - 6

• Marcación e identificación da roupa (mellora)

0 - 10

– Criterios valorables de forma automática (sobre C)

0 - 62

• Oferta económica (prezo unitario)

0 - 60

• Tempo de resposta en horas, para a entrega de roupa en caso de necesidades extraordinarias

0 - 2

4. Valor estimado do contrato: 23.546.582,61 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 12.283.477,96 euros. Importe total: 14.863.008,35 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5 (%) do importe da licitación excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría):

Lote 1: grupo U, subgrupo 2, categoría D.

Lote 2: grupo U, subgrupo 2, categoría B.

Lote 3: grupo U, subgrupo 2, categoría D.

Lote 4: grupo U, subgrupo 2, categoría A.

Lote 5: grupo U, subgrupo 2, categoría C.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver cláusula 6.6.2 e) e f) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: vinte e un días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro s/n.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: catro meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: apertura do sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, as 9.00 horas a.m. do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao da finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura sobre C, publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos