Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 18 de maio de 2015 Páx. 19430

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 27 de abril de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe de impacto ambiental sobre o proxecto de urbanización das infraestruturas dos sistemas xerais da Plataforma Loxística-Industrial Salvaterra de Miño-As Neves, nos concellos de Salvaterra de Miño e As Neves (Pontevedra), promovido pola Autoridade Portuaria de Vigo, o Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (clave 2015/0010).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 23 de abril de 2015 sobre o proxecto de urbanización das infraestruturas dos sistemas xerais da Plataforma Loxística-Industrial Salvaterra de Miño-As Neves, nos concellos Salvaterra de Miño e As Neves (Pontevedra), promovido pola Autoridade Portuaria de Vigo, o Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental