De conformidade co disposto nos artigos 58 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedimento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.
Os actos obxecto de notificación foron adoptados polo xefe territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla, nº 70, 2º, do termo municipal de Lugo.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao día final do prazo fixado.
Lugo, 22 de abril de 2015
Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: LU-RES 2015/013.
Interesado: Javier Rodríguez Fernández.
Acto notificado: resolución do procedemento sancionador.
Expediente: LU-RES 2015/070.
Interesado: Costel Sali.
Acto notificado: acordo de inicio do procedemento sancionador.