Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 18 de maio de 2015 Páx. 19483

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 27 de abril de 2015, da Área Provincial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente de non ocupación C-106-CD/67, conta 57.

Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co disposto nos seus artigos 59.5 e 61, emprázase os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial da Coruña; rúa Vicente Ferrer, 2, andar 9º, ala sur, concello da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 27 de abril de 2015

Luis G. Eirís Puñal
Xefe da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Desafiuzamento 4/13.

Interesados: Pedro Botana Vilela, Carmen Miranda Varela e outros.

Acto notificado: resolución de caducidade de expediente de desafiuzamento por non ocupación.