Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 15 de maio de 2015 Páx. 19131

VI. Anuncios

b) Administración local

Instituto Municipal Coruña Espectáculos

ANUNCIO de contratación do servizo de confección de entradas e de distribución anticipada destas a través de oficinas bancarias, caixeiro, teléfono, internet e calquera outra modalidade, para espectáculos organizados por este instituto.

1. Entidade organizadora: Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE).

2. Obxecto do contrato: servizo de confección de entradas e de distribución anticipada de estas a través de oficinas bancarias, caixeiro, teléfono, internet e calquera outra modalidade para espectáculos organizados polo Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE).

3. Prezo do contrato: tipo máximo de licitación anual: 85.000 € anuais, IVE non incluído. Valor estimado do contrato: 340.000 € (IVE non incluído), tendo en conta a súa duración e as posibles prórrogas.

4. Duración do contrato: dous anos desde a data da súa formalización, prorrogables por anos ata un máximo de catro antes da súa finalización por mutuo acordo entre o IMCE e o contratista, incluído o período inicial e as prórrogas.

5. Tramitación: ordinaria.

6. Procedemento: aberto.

7. Garantía provisional: non se exixe.

8. Garantía definitiva: 17.000 €.

9. Obtención de documentación e información: oficinas do IMCE, sitas na avda. da Mariña, 18 (edificio Casa Paredes), 15001 A Coruña. Perfil do contratante: www.coruna.es. Enderezo de correo electrónico: a.canosa@coruna.es

10. Solvencia: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Criterios de adxudicación: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Presentación de proposicións: prazo de quince (15) días hábiles desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia, finalizará ás 14.00 horas. No suposto de resultar sábado ou festivo o día de finalización do prazo, prorrogarase automaticamente ao día hábil seguinte.

Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: Rexistro do IMCE, avda. da Mariña, 18 (edificio Casa Paredes), 15001 A Coruña.

13. Apertura de ofertas económicas: lugar e día que se sinale no perfil do contratante: www.coruna.es.

14. Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

A Coruña, 20 de abril de 2015

P.D. (Decreto do 20 de xuño de 2011)
Ana María Fernández Gómez
Vicepresidenta do Instituto Municipal Coruña Espectáculos