Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 15 de maio de 2015 Páx. 19099

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 27 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, sobre as modificacións e disolucións de varias sociedades agrarias de transformación.

Advertidos erros na Resolución do 27 de marzo de 2015, publicada no DOG núm. 74, do 21 de abril de 2015, é preciso facer as seguintes correccións:

Na páxina 15261 no punto 2, no segundo parágrafo no referente á sociedade agraria de transformación Vila Alborés, SAT nº 1404 XUGA, onde di: «Como consecuencia desta alta e transmisión de títulos, o capital social ascende a 547.722,13 €.

Pablo Alvite Alvite 247 títulos 66.111,10 € de capital social»

Debe dicir: «Como consecuencia desta alta e transmisión de títulos, o capital social ascende a 548.722,13 €.

Pablo Alvite Alvite 247 títulos 148.449,47 € de capital social»

Na páxina 15265 no punto 4, no referente á sociedade agraria de transformación Pumariño, SAT nº 1396 XUGA, onde di: «Francisco María Seoane Marzoa, presidente», debe dicir: «Francisco Manuel Seoane Marzoa, presidente».

Na páxina 15266 no punto 1, no referente á sociedade agraria de transformación Terras do Centiño Productos do Campo, SAT nº 1420 XUGA, onde di: «Juan José Gladon Rodríguez», debe dicir: «Juan José Galdón Rodríguez».