Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 15 de maio de 2015 Páx. 19102

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 29 de abril de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado pola Xefatura Territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial do Medio Rural e do Mar, sito na rúa Fernández Ladreda, edificio administrativo 2º andar (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 29 de abril de 2015

Miguel Ángel Pérez Dubois
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: INC-PO-0002/2015-BIO.

Denunciada: Marina Rodiño Álvarez.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: INC-PO-0003/2015-BIO.

Denunciada: Josefa Otero Comedeiro.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: INC-PO-0011/2015-LSA.

Denunciado: José Antonio Cardalda Brea.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: MON-PO-0017/2015-CSA.

Denunciado: José María Vilas Otero.

Acto de notificación: acordo de incoación.

Expediente: ICA-PO-0019/2015-FH.

Denunciado: Don Melón, S.L.

Acto de notificación: acordo de incoación.