Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 15 de maio de 2015 Páx. 19093

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 21 de abril de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o inicio do dereito de audiencia do expediente sancionador na orde social RL 2015/58-1.

Intentada a notificación por correo certificado ao titular da empresa que se indica a continuación sen que se puidese practicar, mediante esta cédula notifícaselle o inicio do trámite de audiencia, de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXAP e PAC), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Dispón dun prazo de dez días, a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, durante o que poderá exercer o dereito de audiencia do expediente, previamente á súa resolución na Xefatura Territorial da Coruña, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio.

Neste mesmo prazo poderá comparecer nas dependencias desta xefatura territorial na rúa Salvador de Madariaga 9, 1º, centro comercial Elviña na Coruña das 9.00 ás 14.00 horas para coñecer o contido íntegro do expediente.

Expediente nº: RL 2015/58-1.

Acta inf. nº: I152015000001516.

Empresa: Cervecería Pistón, S.L.

NIF: B70281423.

Enderezo: rúa A Gaiteira, 62, baixo, 15009 A Coruña.

Materia: seguridade e hixiene.

Normativa infrinxida: artigos do 14 ao 19, 22 e 23 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais; artigos 3, 4, 5, 8 e 16 do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención.

Tipificación: artigos 5.2 e 12.1 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Proposta de sanción: 2.046 €.

Documentos que constan no expediente:

– Acta de infracción.

– Xustificantes das notificacións.

– Alegacións da empresa.

– Informe da Inspección de traballo e seguridade social.

A Coruña, 21 de abril de 2015

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña