Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 15 de maio de 2015 Páx. 18966

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2015 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de maio de 2015 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Traballo e Benestar.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Traballo e Benestar xustifícase polas necesidades organizativas e funcionais da consellería.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Traballo e Benestar, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 13 de maio de 2015, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Apróbase a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Traballo e Benestar, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo. Os postos de traballo cuxa forma de provisión sexa mediante o sistema de libre designación e estean afectados polas disposicións recollidas na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (DOG núm. 82, do 4 de maio), deberán axustarse aos requisitos establecidos nelas, unha vez entre en vigor a nova normativa de función pública.

Terceiro. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 13 de maio de 2015, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Facenda, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Traballo e Benestar do 8 de xullo de 2013, sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 136, do 18 de xullo),

DISPOÑO:

A publicación no Diario Oficial de Galicia do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de maio de 2015 polo que se aproba a relación de postos de traballo da Consellería de Traballo e Benestar, que figura como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2015

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO Ig.pdf
ANEXO Ig.pdf
ANEXO Ig.pdf
ANEXO Ig.pdf
ANEXO Ig.pdf
ANEXO Ig.pdf
ANEXO Ig.pdf
ANEXO Ig.pdf
ANEXO Ig.pdf
ANEXO Ig.pdf
ANEXO Ig.pdf