Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 15 de maio de 2015 Páx. 19113

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 21 de abril de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador ES-P-0015/14.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase a resolución do expediente sancionador que se indica no anexo.

Pontevedra, 21 de abril de 2015

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Interesado: Manuel Fresco Bello.

Expediente: ES-P-0015/14.

Último domicilio coñecido: r/ Estación, nº 58, 1º B, Catoira (Pontevedra).

Indicación do contido: notificáselle a resolución do procedemento sancionador ES-P-0015/14 na cal se lle impón a Manuel Fresco Bello unha sanción no seu grao mínimo de multa de 580 € por incumprir as formalidades establecidas na Lei para o depósito de fianzas, de acordo do disposto no artigo 108 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia.

Recursos: contra a presente resolución que non pon fin á vía administrativa poderá interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes de acordo co disposto nos artigos 114 y 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.