Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 13 de maio de 2015 Páx. 18911

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Enerxético de Galicia

ANUNCIO do 28 de abril de 2015 polo que se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia (César Lagoa Lagoa e cinco máis).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Boletín Oficial del Estado núm. 285, do 27 de novembro), logo dos intentos de notificación persoal previstos nesa mesma norma, mediante este anuncio emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos administrativos derivan do procedemento de axudas aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa (IN421G) cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Instituto Enerxético de Galicia situada na rúa Avelino Pousa Antelo, núm. 5 (San Lázaro), en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2015

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia

Anexo

Código de

solicitude

Interesado/a

Acto administrativo que se notifica

IN421G/15R4141

César Lagoa Lagoa

Requirimento de emenda de defectos na solicitude

IN421G/15R3791

María Teresa Mollinedo Rey

Requirimiento de emenda de defectos na solicitude

IN421G/13R6328

Apartamentos Fandín, C.B.

Requirimiento de emenda de defectos na solicitude

IN421G/15R5934

María José Carbajales Díaz

Requirimiento de emenda de defectos na solicitude

IN421G/15R753

María Josefa Santos González

Requirimiento de emenda de defectos na solicitude

IN421G/15R6044

Fernando José Vázquez Álvarez

Requirimiento de emenda de defectos na solicitude