Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 13 de maio de 2015 Páx. 18875

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 23 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, polo que se someten a información pública varias solicitudes de inclusión no Catálogo galego de árbores senlleiras.

O artigo 4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, modificado polo Decreto 10/2015, do 22 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, establece o procedemento de catalogación e descatalogación de exemplares e formacións.

As seguintes solicitudes de inclusión de exemplares no Catálogo galego de árbores senlleiras foron realizadas polas persoas interesadas de acordo con ese procedemento:

Rexistro de entrada: 2411/RX468625.

Data: 10.3.2015.

Solicitante: Manuel Taboada Estévez.

Especie: Pinus pinea L.

Localidade: Catasós.

Concello: Lalín.

Provincia: Pontevedra.

Rexistro de entrada: 32430/RX521657.

Data: 17.3.2015.

Solicitante: José López Méndez.

Especie: Taxus baccata L.

Localidade: Moreira.

Concello: A Fonsagrada.

Provincia: Lugo.

Rexistro de entrada: 2411/RX468625.

Data: 27.3.2015.

Solicitante: José Manuel Rodríguez Fernández, en representación da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza.

Especie: Castanea sativa Mill.

Localidade: Caboi.

Concello: Outeiro de Rei.

Provincia: Lugo.

O artigo 4.4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, establece que as solicitudes de catalogación ou descatalogación de exemplares e formacións e a documentación presentada xunto con elas, someteranse ao trámite de información pública por un prazo de vinte días, para os efectos de que os interesados poidan presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

En consecuencia, ábrese un período de información pública das solicitudes de catalogación mencionadas neste anuncio e da documentación presentada xunto con elas, durante un prazo de 20 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, coa finalidade de que aqueles interesados que se consideren directamente afectados poidan remitir observacións e opinións por escrito, ou ben a través do enderezo de correo electrónico dxcn.cmati@xunta.es, poñendo no asunto “Información pública árbores senlleiras”.

Durante o citado prazo, a documentación correspondente poderá ser examinada nos seguintes lugares:

– Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

– Xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Pontevedra (r/ Fernández Ladreda, 43-1º-4º, 36003 Pontevedra) e Lugo (rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo), segundo corresponda a cada expediente.

Durante ese mesmo período poderase consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (http://www.cmati.xunta.es/>>medio ambiente e sostibilidade>>conservación da natureza>>árbores senlleiras) a información de cada expediente que non se corresponda con datos de carácter persoal (Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal).

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2015

Verónica Tellado Barcia
Directora xeral de Conservación da Natureza