Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 12 de maio de 2015 Páx. 18670

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2015 pola que se convocan actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Aprobado o programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2015 polo Consello Reitor, de conformidade co artigo 6.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio, modificada pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, convócanse as actividades de formación continua correspondentes ao segundo semestre do ano 2015, dirixidas ao persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, que se detallan nos anexos desta resolución.

RESOLVO:

Publicar a convocatoria das actividades formativas que figuran no anexo II, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2015

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I
Bases

Primeira. Requisitos dos participantes

Poderán participar nas accións formativas convocadas nesta resolución:

1. Os empregados públicos e as empregadas públicas con destino na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que se encontran en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar, e que reúnan os requisitos establecidos na presente convocatoria e para cada un dos casos no anexo II. Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o persoal do Servizo Galego de Saúde, no se entenden por tal os empregados públicos da escala de saúde pública e administración sanitaria, creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Sen prexuízo do anterior, poderán ofertarse actividades formativas a empregados públicos pertencentes a outras entidades, organismos e institucións públicas, cando así se estableza na epígrafe «destinatario» da actividade formativa.

3. Así mesmo, os empregados públicos sinalados no parágrafo anterior poderán acceder a todas as actividades formativas desta convocatoria en que queden prazas vacantes.

Toda persoa solicitante que ao inicio da actividade formativa estea en situación de baixa laboral por incapacidade temporal quedará automaticamente excluída da listaxe do persoal seleccionado. Esta incidencia deberá ser comunicada á EGAP con carácter inmediato.

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

Os cursos realizaranse cos requirimentos, coa duración e coas condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web: http://egap.xunta.es.

Terceira. Solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo: http://egap.xunta.es/matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. O número máximo de actividades formativas que se pode solicitar é de cinco.

4. Non está permitida a realización de actividades de formación que teñan simultaneidade de horarios nunha ou varias sesións presenciais das actividades. Cando o alumnado teña coñecemento de que foi seleccionado para un curso que teña coincidencia horaria con outro no cal xa foi seleccionado debe renunciar a un deles. No caso de que se comprobe con posterioridade a realización simultánea de varias actividades, non se expedirá certificación de ningunha delas, e o alumnado pasará ao final das listaxes de todas as actividades formativas que solicite e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

5. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

6. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

7. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.

8. As persoas solicitantes de actividades impartidas na modalidade de teleformación deberán dispor dunha conta de correo electrónico cuxo enderezo terán que indicar na solicitude e dun equipamento informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

– Un computador con conexión á internet.

– Un navegador web co plugin de flash.

9. As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (discapacidade, permiso de maternidade, etc.) de acordo cos criterios de selección deberán remitirlle á EGAP a correspondente documentación complementaria, xunto cunha copia do formulario da matrícula, ao número de fax: 981 54 63 39 ou ao enderezo de correo electrónico: xestion.egap@xunta.es, sen prexuízo do previsto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro). A devandita documentación deberá enviarse por unha única das vías indicadas; no caso contrario só serán considerados os datos achegados por correo electrónico. A documentación deberá presentarse dentro do prazo sinalado no punto 1 desta base.

10. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono: 981 54 62 57 e 981 54 62 53, do número de fax: 981 54 63 39 e do enderezo de correo electrónico: xestion.egap@xunta.es.

Cuarta. Presentación de documentación

Dentro do prazo de presentación de solicitudes establecido no punto 1 da base terceira, os empregados públicos pertencentes a outras entidades, organismos e institucións públicas, cuxos datos non figuren na base de datos da Dirección Xeral da Función Pública, deberán presentar na EGAP, xunto cunha copia do formulario de solicitude, ao número de fax: 981 54 63 39 ou ao enderezo de correo electrónico: xestion.egap@xunta.es, sen prexuízo do previsto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), a seguinte documentación:

– Certificado expedido polo órgano responsable de persoal de que dependa a persoa solicitante que indique a súa situación administrativa, o tipo de persoal e a antigüidade na Administración. A falta de presentación destes documentos acreditativos dará lugar á exclusión da persoa solicitante.

Quinta. Criterios de selección

1. Os criterios selectivos que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (DOG do 10 de xaneiro).

Para os efectos do previsto no punto segundo da citada resolución, o baremo que se empregará para a selección establécese sobre unha base de 100 puntos, dos cales o 60 % estará vinculado ao número de horas de formación recibidas nos dous últimos anos e o 40 % restante á antigüidade na Administración.

Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG do 25 de marzo). Para o ano 2015, segundo a Resolución do 29 de xaneiro (DOG do 11 de febreiro), comezarase pola letra S.

2. No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpran os requisitos do curso, poderá completarse o número de alumnos/as asignado mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP.

Sexta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo: http://egap.xunta.es unha relación das persoas seleccionadas para participar en cada curso, así como un número adecuado de reservas.

O prazo de presentación de alegacións será de cinco días naturais desde a súa publicación.

Ademais, quen facilite os correspondentes datos na solicitude será informado da súa selección a través do correo electrónico e da mensaxaría telefónica. Entenderase que as persoas que non figuren na relación foron excluídas por algunha das razóns expresadas nas bases da convocatoria ou ocupan un posto máis afastado na listaxe de espera, todo isto de acordo co disposto no artigo 59.6.b) da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. Transcorrido o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo: http://egap.xunta.es a listaxe definitiva de persoas admitidas no curso.

Sétima. Cambios ou substitucións na selección, renuncia e asistencia

1. Os cambios ou as substitucións na selección:

En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

2. A renuncia:

a) As persoas seleccionadas só poderán renunciar á actividade formativa:

– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos responsables dos centros directivos.

– Por outras causas xustificadas documentalmente.

b) A renuncia debe ser comunicada por escrito á Escola Galega de Administración Pública cunha antelación mínima de tres días hábiles anteriores ao inicio da actividade formativa. Na páxina web da escola está dispoñible un modelo de renuncia.

Para isto poderase utilizar, alén do previsto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), calquera das seguintes vías:

– O enderezo de correo electrónico: xestion.egap@xunta.es.

– O número de fax: 981 54 63 39.

c) As persoas que incumpran o previsto nas letras a) e b) pasarán ao final das listaxes de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

3. A asistencia e a puntualidade:

a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e máis a puntualidade.

b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.

c) As faltas de asistencia nas actividades presenciais:

1. Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas presenciais. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante os responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

2. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas presenciais, pasarán ao final das listaxes de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

d) Seguimento das actividades de teleformación:

As persoas que non completen o 75 % das actividades e tarefas propostas pola titoría pasarán ao final das listaxes de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Oitava. Realización de probas

a) Para poder superar as actividades de formación, o alumnado deberá superar unha proba de avaliación que se realizará ao final delas, tanto na modalidade de teleformación como nos cursos que se impartan de maneira presencial. As probas poderanse desenvolver de forma descentralizada nas sedes que se determinen no comezo de cada actividade.

b) Para poder superar as actividades de teleformación é necesario cumprir unha serie de requisitos obrigatorios na súa totalidade:

– A asistencia ás sesións presenciais, se as houber.

– A adecuada realización de todas as actividades que o titor propoña. Estas deben constar debidamente presentadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar no exame final presencial.

Ao inicio da actividade formativa publicarase o correspondente programa na plataforma de teleformación e indicaranse as probas de avaliación previstas, así como as datas en que estas terán lugar. Salvo que se determine outra cousa, nestas actividades as probas finais de avaliación serán presenciais nos lugares e nas datas que se establezan. A EGAP informará a través da súa páxina web e tamén a través da plataforma de teleformación das datas concretas e das horas da proba final.

Para poder aprobar a actividade formativa, o alumnado deberá superar unha proba final de avaliación.

Novena. Certificados

Para a obtención do certificado de aproveitamento, o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe en que declare apto ou non apto cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.

En caso de non superar a proba, tampouco se facilitará certificado de asistencia.

Décima. Facultades da EGAP

1. A EGAP resolverá aquelas incidencias que se poidan producir no desenvolvemento e na xestión das actividades formativas e pode suprimir algunha, ampliar novas edicións da programación ou programar outras actividades diferentes cando así o exixan as circunstancias que afecten a súa organización ou docencia. Tamén lle corresponde á EGAP prover canto sexa necesario para a execución e cumprimento desta resolución.

2. A execución material das actividades queda condicionada á existencia de crédito orzamentario adecuado e dispoñible e á autorización correspondente do gasto.

3. No suposto de que o número de admitidos sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso en que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

4. A EGAP poderá modificar os contidos, o desenvolvemento, as datas e os lugares das actividades formativas, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Todas as modificacións que afecten o desenvolvemento das actividades serán anunciadas na páxina web da Escola.

5. A EGAP garantirá nas actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

anexo

Código

Denominación

Prazas

Horas

Cualificación

Destinatarios

Modalidade/

Localidade

Datas

Data da proba de avaliación

Horario da actividade formativa

Réxime xurídico e actividade financeira das administración públicas

FC15203

Novos retos do sector público en materia económica

50

15

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

7.9.2015-21.9.2015

25.9.2015

FC15204

A Administración electoral: o papel das administracións galegas

50

15

Aproveitamento

Funcionarios pertencentes ao grupo A1 e A2 da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

7.9.2015-22.9.2015

25.9.2015

FC15206

Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

15.9.2015-5.10.2015

9.10.2015

FC15207

Os contratos do sector público

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

9.9.2015-9.10.2015

15.10.2015

FC15207

Os contratos do sector público

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

28.10.2015-30.11.2015

4.12.2015

FC15210

A calidade das leis

50

15

Aproveitamento

Funcionarios/as pertencentes ao grupo A1 e A2 da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

28.9.2015-13.10.2015

15.10.2015

FC15211

Liquidación práctica dos tributos da Comunidade Autónoma de Galicia

50

15

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

28.9.2015-13.10.2015

19.10.2015

FC15216

A transparencia da Administración e os mecanismos de información

50

15

Aproveitamento

Funcionarios/as pertencentes ao grupo A1 e A2 da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

16.11.2015-30.11.2015

3.12.2015

FC15217

Execución dos contratos administrativos: réxime aplicable e facultades da Administración

20

15

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.subgrupos A1 e A2 que por razón do seu traballo estean en contacto con contratos e os problemas asociados á súa execución.

Santiago de Compostela

8.6.2015-22.6.2015(1)

22.6.2015

16.30-19.30 h.

FC15219

A aplicación dos tributos. Os seus procedementos de aplicación

20

20

Aproveitamento

Persoal da Administración da Xunta de Galicia, pertenza ou non á escala de finanzas, dos grupos A1, A2, C1, C2, que teña nocións básicas ou medias en materia tributaria e pretenda reforzalas ou que estean desempeñando as funcións relacionadas co contido do curso na ATRIGA.

Vigo

29.9.2015-7.10.2015(1)

7.10.2015

16.00-20.00 h.

FC15219

A aplicación dos tributos. Os seus procedementos de aplicación

20

20

Aproveitamento

Persoal da Administración da Xunta de Galicia, pertenza ou non á escala de finanzas, dos grupos A1, A2, C1, C2, que teña nocións básicas ou medias en materia tributaria e pretenda reforzalas ou que estean desempeñando as funcións relacionadas co contido do curso na ATRIGA.

Santiago de Compostela

22.9.2015-30.9.2015(1)

30.9.2015

16.00-20.00 h.

FC15219

A aplicación dos tributos. Os seus procedementos de aplicación

20

20

Aproveitamento

Persoal da Administración da Xunta de Galicia, pertenza ou non á escala de finanzas, dos grupos A1, A2, C1, C2, que teña nocións básicas ou medias en materia tributaria e pretenda reforzalas ou que estean desempeñando as funcións relacionadas co contido do curso na ATRIGA.

Ourense

5.10.2015-19.10.2015(1)

19.10.2015

16.00-20.00 h.

FC15219

A aplicación dos tributos. Os seus procedementos de aplicación

20

20

Aproveitamento

Persoal da Administración da Xunta de Galicia, pertenza ou non á escala de finanzas, dos grupos A1, A2, C1, C2, que teña nocións básicas ou medias en materia tributaria e pretenda reforzalas ou que estean desempeñando as funcións relacionadas co contido do curso na ATRIGA.

Lugo

15.9.2015-23.9.2015(1)

23.9.2015

16.00-20.00 h.

FC15220

Nova normativa da función pública de Galicia

20

15

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela

10.6.2015-29.6.2015(1)

29.6.2015

16.30-19.30 h.

FC15222

Curso de contabilidade pública: nivel intermedio

20

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que asistise aos cursos de iniciación de contabilidade pública convocados pola EGAP e todos os interesados en adquirir unha formación contable para a súa aplicación nos seus postos de traballo.

Santiago de Compostela

2.9.2015-21.9.2015(1)

21.9.2015

16.30-19.30 h.

FC15226

Análise e interpretación da información contable emitida polas entidades públicas

20

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que posúa coñecementos de contabilidade pública.

Santiago de Compostela

6.10.2015-27.10.2015(1)

27.10.2015

16.30-19.30 h.

FC15230

A elaboración dos pregos de cláusulas para a adxudicación de contratos públicos

40

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Persoal funcionario e laboral que presta servizos nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia enunciadas na alínea a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Santiago de Compostela

3.11.2015-18.11.2015(1)

18.11.2015

17.00-20.00h.

Unión Europea: políticas públicas e procedementos comunitarios

FC15218

Administración e políticas públicas en perspectiva europea

25

24

Aproveitamento

Persoal funcionario e persoal laboral pertencentes aos grupos A1, A2, C1, I, II, III da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela

2.6.2015-25.6.2015(1)

25.6.2015

16.30-19.30 h.

FC15224

Dereito administrativo económico: novos procedementos e novos modelos de xestión

25

30

Aproveitamento

Persoal funcionario e persoal laboral pertencentes aos grupos A1, A2, C1, I, II, III da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela

22.9.2015-29.10.2015(1)

29.10.2015

16.30-19.30 h.

FC15228

Fundamentos de economía para a xestión pública

25

24

Aproveitamento

Persoal funcionario e persoal laboral pertencentes aos grupos A1, A2, C1, I, II, III da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela

10.11.2015-3.12.2015(1)

3.12.2015

16.30-19.30 h.

Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades

FC15200

Correo electrónico corporativo

50

12

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, con correo corporativo e acceso á internet.

Teleformación

1.6.2015-12.6.2015

18.6.2015

FC15200

Correo electrónico corporativo

50

12

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, con correo corporativo e acceso á internet.

Teleformación

16.11.2015-27.11.2015

1.12.2015

FC15205

Diagnóstico do clima organizacional. A optimización do recurso humano

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

7.9.2015-7.10.2015

9.10.2015

FC15208

Dirección eficaz e xestión de equipos

20

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Mixta

14.9.2015-13.10.2015(2)

15.10.2015

FC15212

Uso avanzado de aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer)

50

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, con coñecemento de Writer e acceso á internet.

Teleformación

7.10.2015-25.11.2015

2.12.2015

FC15214

Uso avanzado de aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc)

50

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, con coñecementos de Calc e acceso á internet.

Teleformación

7.10.2015-25.11.2015

1.12.2015

FC15215

Prevención e xestión de conflitos

50

25

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

4.11.2015-30.11.2015

1.12.2015

FC15221

Produtividade persoal co método GTD (Getting Things Done) e a súa relación con TIC

25

15

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela

15.6.2015-1.7.2015(1)

1.7.2015

16.30-19.30 h.

FC15223

Técnicas para falar mellor en público e nos medios de comunicación

20

15

Aproveitamento

Persoal e/ou cargos das Administracións públicas que adoitan falar en público ou nos medios de comunicación frecuente ou esporadicamente e que desexen mellorar as súas técnicas, corrixir os seus fallos ou mesmo tratar os medos escénicos.

Santiago de Compostela

8.9.2015-22.9.2015(1)

22.9.2015

16.30-19.30 h.

FC15225

Linguaxe xestual, corporal e oral. Técnicas de comunicación entre o empregado público e a cidadanía

25

15

Aproveitamento

Empregados/as públicos/as e persoas á fronte de postos directivos e /ou de responsabilidade ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia enunciadas na alínea a) do artigo 45 da

Lofaxga (Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico (Diario Oficial de Galicia do 31).

Así mesmo, o persoal dependente do Parlamento de Galicia, do Valedor do Pobo, do Consello de Contas e do Consello Consultivo.

En especial aqueles que manteñen un trato directo co público.

Santiago de Compostela

5.10.2015-21.10.2015(1)

21.10.2015

16.30-19.30 h.

FC15229

A Administración pública nos medios de comunicación de masas

25

15

Aproveitamento

Empregados/as públicos/as e persoas á fronte de postos directivos e/ou de responsabilidade ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia enunciadas na alínea a) do artigo 45 da Lofaxga (Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico (Diario Oficial de Galicia do 31).

Así mesmo, o persoal dependente

do Parlamento de Galicia, do

Valedor do Pobo, do Consello

de Contas e do Consello

Consultivo.

Santiago de Compostela

11.11.2015-25.11.2015(1)

25.11.2015

16.30-19.30 h.

FC15231

Secretariado de dirección

25

25

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, dos subgrupos C1 e C2.

Santiago de Compostela

6.10.2015-3.11.2015(1)

3.11.2015

16.30-19.30 h.

Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa

FC15193

Abordaxe Integral da violencia de xénero

30

20

Aproveitamento

Persoal do Servizo Público

de Emprego de Galicia,

con preferencia para

os/as titores/as de confidencialidade.

Santiago de Compostela

5.10.2015-15.10.2015(1)

15.10.2015

16.30-19.30 h.

FC15201

Ferramentas de Administración electrónica na Xunta de Galicia

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

1.6.2015-22.6.2015

25.6.2015

FC15201

Ferramentas de Administración electrónica na Xunta de Galicia

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

22.9.2015-14.10.2015

19.10.2015

FC15201

Ferramentas de Administración electrónica na Xunta de Galicia

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

9.11.2015-30.11.2015

3.12.2015

FC15202

Seguridade informática básica. Lei orgánica de protección de datos. Esquema nacional de seguridade e aspectos xerais de seguridade

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, con coñecemento e acceso á internet.

Teleformación

1.9.2015-21.9.2015

25.9.2015

FC15202

Seguridade informática básica. Lei orgánica de protección de datos. Esquema nacional de seguridade e aspectos xerais de seguridade

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, con coñecemento e acceso á internet.

Teleformación

22.9.2015-14.10.2015

19.10.2015

FC15202

Seguridade informática básica. Lei orgánica de protección de datos. esquema nacional de seguridade e aspectos xerais de seguridade

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, con coñecemento e acceso á internet.

Teleformación

9.11.2015-30.11.2015

3.12.2015

FC15209

Introdución ao arquivo electrónico. Expediente electrónico. Ferramentas. Arquivo electrónico de Galicia

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Mixta

14.9.2015-15.10.2015(2)

15.10.2015

16.30-19.30 h.

FC15209

Introdución ao arquivo electrónico. Expediente electrónico. Ferramentas. Arquivo electrónico de Galicia

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Mixta

2.11.2015-3.12.2015(2)

3.12.2015

16.30-19.30 h.

FC15213

A protección de datos de carácter persoal. Nivel avanzado

50

40

Aproveitamento

Persoal dos subgrupos A1, A2 e C1, I, II e III da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

28.9.2015-5.11.2015

9.11.2015

FC15227

Interpretación de datos estatísticos

30

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela

4.11.2015-25.11.2015(1)

25.11.2015

16.30-19.30 h.

Presidencia da Xunta de Galicia

Axencia de Turismo de Galicia

FC15196

Desenvolvemento de áreas e produtos turísticos

25

25

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Axencia de Turismo de Galicia.

Santiago de Compostela

8.10.2015-5.11.2015(1)

5.11.2015

9.00-14.00 h.

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega)

FC15187

Plataformas SOA (arquitectura orientada a servizos) na Xunta de Galicia

20

50

Aproveitamento

Persoal informático funcionario ou laboral ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia enunciadas no apartado a) do artigo 45 da Lofaxga (Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico (DOG do 31).

Mixta

26.10.2015-3.12.2015(2)

3.12.2015

16.30-19.30 h.

Vicepresidencia e C. de Presidencia, AA.PP. e Xustiza

FC15197

Habilidades e recursos para a xestión e avaliación da calidade dos servizos públicos

25

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, dos subgrupos A1, A2, C1, I, II e III.

Santiago de Compostela

16.11.2015-26.11.2015(1)

26.11.2015

16.30-20.30 h.

FC15198

O teletraballo no sector público autonómico de Galicia

30

6

Aproveitamento

Persoal funcionario, estatutario e laboral que presta servizos na Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Persoal funcionario e laboral que presta servizos nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia enunciadas na alínea a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Santiago de Compostela

11.6.2015-12.6.2015(1)

12.6.2015

17.00-20.00h.

FC15198

O teletraballo no sector público autonómico de Galicia

30

6

Aproveitamento

Persoal funcionario, estatutario e laboral que presta servizos na Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Persoal funcionario e laboral que presta servizos nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia enunciadas na alínea a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Santiago de Compostela

15.10.2015-16.10.2015(1)

16.10.2015

17.00-20.00h.

FC15199

Transparencia e acceso á información pública

30

18

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, dos subgrupos A1, A2, C1, C2, I, II, III e IV.

Santiago de Compostela

10.11.2015-26.11.2015(1)

26.11.2015

16.30-19.30 h.

Secretaría Xeral da Igualdade

FC15191

Violencia de xénero e mulleres con discapacidade

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

15.9.2015-15.10.2015

20.10.2015

FC15191

Violencia de xénero e mulleres con discapacidade

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

1.11.2015-30.11.2015

3.12.2015

FC15192

A trata de seres humanos con fins de explotación sexual: a nova escravitude do século XXI

25

21

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela

21.9.2015-30.9.2015(1)

30.9.2015

16.30-19.30 h.

Consellería de Facenda

FC15011

Xeito Alis (axuda á liquidación do imposto de sucesións)

15

12

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, preferiblemente persoal ao servizo da Axencia Tributaria de Galicia.

Santiago de Compostela

19.10.2015-22.10.2015(1)

22.10.2015

16.30-19.30 h.

FC15013

Elaboración dos orzamentos no Sistema de información orzamentario

15

21

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Persoal funcionario e laboral que presta servizos nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia enunciadas na alínea a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Santiago de Compostela

17.9.2015-25.9.2015(1)

25.9.2015

16.30-19.30 h.

FC15014

Certificación de Feder e FSE no Sistema de información fondos1420

15

12

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Persoal funcionario e laboral que presta servizos nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia enunciadas na alínea a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Santiago de Compostela

3.11.2015- 6.11.2015(1)

6.11.2015

16.30-19.30 h.

FC15014

Certificación de Feder e FSE no Sistema de información fondos1420

15

12

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
Persoal funcionario e laboral que presta servizos nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia enunciadas na alínea a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Santiago de Compostela

23.11.2015-26.11.2015(1)

26.11.2015

16.30-19.30 h.

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

FC15019

Responsabilidade ambiental. Aplicación en Galicia

30

20

Aproveitamento

Persoal técnico da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vinculados a inspección ambiental e outros que desenvolven funcións nas áreas de solos contaminados; especies silvestres; hábitats e augas.

Santiago de Compostela

19.10.2015-29.10.2015(1)

29.10.2015

16.00-20.00 h.

FC15023

Lexislación transversal no planeamento urbanístico

35

30

Aproveitamento

Técnicos da Administración autonómica ou local que emitan informes sobre instrumentos de planificación urbanística ou territorial.

Santiago de Compostela

30.9.2015-29.10.2015(1)

29.10.2015

16.30-19.30 h.

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Educación

FC15005

Mellorando a convivencia nos centros de ensino: atención e coidado do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

25

20

Aproveitamento

Persoal que ocupe postos de educadores/as ou auxiliares coidadores/as da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

A Coruña

7.9.2015-11.9.2015(1)

11.9.2015

09.30-13.30 h.

FC15006

Prevención e coidados especiais en materia de saúde desde os centros de ensino

25

20

Aproveitamento

Persoal que ocupe postos de educadores/as ou auxiliares coidadores/as da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Santiago de Compostela

29.6.2015-3.7.2015(1)

3.7.2015

09.30-13.30 h.

Consellería de Traballo e Benestar

Benestar

FC15188

A reincidencia: medida do risco da reincidencia

25

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia que traballe no ámbito da familia e menores.

Santiago de Compostela

18.11.2015-20.11.2015(1)

20.11.2015

10.00-14.00 h. 16.00-20.00h.

FC15189

Detección e intervención ante situacións de maltrato de persoas maiores e/ou con discapacidade

25

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia que traballe directamente con persoas maiores e/ou con discapacidade.

Santiago de Compostela

17.6.2015-19.6.2015(1)

19.6.2015

10.00-14.00 h. 16.00-20.00h.

FC15190

Formación básica en normas de accesibilidade universal

25

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia que traballe en centros ou en postos que teñan relación co ámbito da accesibilidade.

Santiago de Compostela

6.10.2015-9.10.2015(1)

9.10.2015

9.00-14.00 h. 16.00-19.30 h.

Consellería do Medio Rural e do Mar

FC15194

Formación para a divulgación da prevención de incendios forestais (2015)

50

30

Aproveitamento

Persoal técnico, axentes facultativos ambientais e axentes forestais dos distritos forestais.

Teleformación

3.11.2015- 30.11.2015

2.12.2015

9.00 h.

FC15195

Claves do Programa de desenvolvemento rural (PDR) 2014-2020

30

20

Aproveitamento

Persoal da Consellería do Medio Rural e do Mar e das consellerías que xestionen fondos do PDR.

Santiago de Compostela

13.10.2015-15.10.2015(1)

15.10.2015

9.00-14.00 h. 16.00-18.30 h.

(1) As datas concretas detallaranse na ficha da acción formativa que se atopa na página web da EGAP:
http://egap.xunta.es/cursosportada/ListadoCursos

(2) As datas das sesións presenciais detallaranse na ficha da actividade formativa que se atopa na páxina web da EGAP:
http://egap.xunta.es/cursosportada/ListadoCursos