Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 12 de maio de 2015 Páx. 18797

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación, con procedemento aberto, para a contratación da subministración de trinta contedores de proximidade de 3 metros cúbicos para a recollida de residuos sólidos urbanos (fracción papel-cartón) con destino ao Servizo de Augas e Medio Ambiente.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación da subministración de trinta contedores de proximidade de 3 metros cúbicos para a recollida de residuos sólidos urbanos (fracción papel-cartón) con destino ao Servizo de Augas e Medio Ambiente da Deputación Provincial de Ourense, cun gasto autorizado de 30.000 € (IVE e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense ou por correo. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no prego de condicións a que poderá accederse gratuitamente a través do perfil do contratante na web da Deputación www.depourense.es . As solicitudes de información poderán formularse telefonicamente no número 988 31 75 40 no Servizo de Contratación.

Sen prexuízo de calquera outro recurso que se considere procedente, o prego de condicións, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que deban rexer a licitación serán susceptibles de recurso potestativo de reposición ante a Presidencia da Deputación no prazo dun mes e, alternativamente, de recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses, contados ambos os prazos desde o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, de ser o caso, da última publicación (de non seren simultáneos).

Ourense, 28 de abril de 2015

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense