Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 11 de maio de 2015 Páx. 18566

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

CÉDULA de citación (DSP 194/2015).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de María Lucía Ayude Ruibal contra Elensu, S.L., Fogasa, en reclamación por ordinario, rexistrado co nº despedimento/cesamentos en xeral 194/2015 acordouse citar, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Elensu, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 26.5.2015 ás 11.00 horas, na planta baixa, sala 1, edif. Rúa Berlín, para a realización dos actos de conciliación e, se for o caso xuízo, aos cales pode comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e acudindo con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Elensu, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2015

A secretaria xudicial