Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 11 de maio de 2015 Páx. 18577

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2015, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se resolve o recurso de reposición interposto por Juan Manuel Parada Mota contra a Resolución do 4 de marzo de 2015.

Antecedentes de feito.

Primeiro. O día 4 de marzo de 2015 ditouse resolución pola que se fai pública a lista de deportistas recoñecidos/as como deportistas galegos/as de alto nivel polo procedemento iniciado en novembro de 2014, así como as solicitudes desestimadas e a causa.

Segundo. O día 30 de marzo de 2015 Juan Manuel Parada Mota interpón dentro do prazo conferido para o efecto recurso de reposición contra a indicada resolución que tivo entrada no Rexistro da Secretaría Xeral para o Deporte o día 1 de abril de 2015.

Fundamentos de dereito.

No recurso presentado, o recorrente manifesta a súa desconformidade coa Resolución do 4 de marzo de 2015 publicada no DOG do 12 de marzo de 2015 por non recoñecer a Beatriz Parada Enríquez polo mérito presentado no procedemento de novembro de 2014 cun 3º posto acadado no Campionato de Europa por clubs en combate en categoría júnior -52 kg.

Unico. Os criterios marcados no anexo I da Orde do 30 de maio de 2005 para o recoñecemento dos deportistas galegos de alto nivel, en desenvolvemento do Decreto 6/2004, do 8 de xaneiro, din que nunha proba olímpica, en categoría previa á absoluta nun Campionato de Europa individual se debe acadar ata un oitavo posto.

Beatriz Parada Enríquez obtivo un 3º posto no Campionato de Europa de clubs de taekwondo na categoría individual e previa á absoluta.

Polo exposto, vistos os preceptos legais citados e demais normas de xeral e pertinente aplicación,

RESOLVO:

Estimar o recurso de reposición presentado por Juan Manuel Parada Mota contra a Resolución do 4 de marzo de 2015 pola que se fai pública a lista de deportistas recoñecidos/as como deportistas galegos/as de alto nivel polo procedemento iniciado en novembro de 2014, así como as solicitudes desestimadas e a causa, dando lugar ao recoñecemento de Beatriz Parada Enríquez, con DNI 39450786J, como deportista galega de alto nivel polo transcurso de tres anos desde a publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Notifíquese esta resolución ao interesado e fágaselle saber que é firme en vía administrativa e que contra ela poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2015

Por desconcentración (Decreto 88/2013)
José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte