Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 8 de maio de 2015 Páx. 18457

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Emerxencias

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2015 pola que se renuncia á celebración do contrato que tiña por obxecto a adquisición de equipamento mobiliario xeral e técnico con destino aos distintos servizos e dependencias do novo centro integrado de atención ás emerxencias de Galicia (CIAE 112) cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3, prioridade 53.

Antecedentes de feito.

Primeiro. O 4 de maio de 2015 publicouse o expediente que tiña por obxecto a adquisición de equipamento mobiliario xeral e técnico con destino aos distintos servizos e dependencias do novo centro integrado de atención ás emerxencias de Galicia (CIAE 112) cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3, prioridade 53. Expediente AXG.15.SU.034 (DOG núm. 82, do 4 de maio de 2015).

Segundo. Existen razóns de interese público, debidamente xustificadas no expediente, que aconsellan a renuncia a esta contratación.

Fundamentos de dereito.

1º. O Decreto 13/2012, do 4 de xaneiro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia establece que a Axencia Galega de Emerxencias queda adscrita á Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a cal exerce a Presidencia da mesma. A Lei 5/2007, de 7 de maio, de emerxencias de Galicia, establece que o Presidente terá as competencias como órgano de contratación. Non obstante, mediante Resolución do 6 de abril de 2015 delegouse a sinatura para este expediente de contratación no Xerente da Axencia Galega de Emerxencias.

2º. O artigo 155 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Ley de contratos do sector público, sinala que o órgano de contratación pode, antes da adxudicación, renunciar á realización dun contrato por razóns de interese público debidamente xustificadas no expediente.

En virtude dos antecedentes de feito e dos fundamentos de dereito expostos

RESOLVO:

Primeiro. Renunciar á celebración do contrato que tiña por obxecto a adquisición de equipamento mobiliario xeral e técnico con destino aos distintos servizos e dependencias do novo centro integrado de atención ás emerxencias de Galicia (CIAE 112) cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3, prioridade 53. Expediente AXG.15.SU.034.

Segundo. Notificar a presente resolución aos licitadores participantes e a Comisión Europea, de acordo co sinalado no artigo 155.1 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Ley de contratos do sector público.

Terceiro. Publicar a presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Notifíquese esta resolución nos termos establecidos no artigo 155.1 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e nos artigos 58 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra esta resolución, poderá interpoñerse recurso especial en materia de contratación pública no prazo de quince (15) días hábiles de conformidade co disposto no artigo 40 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, ou poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2015

(Por Delegación de sinatura do 6.4.2015)
Juan José Muñoz Iglesias
Xerente da Axencia Galega de Emerxencias