Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 8 de maio de 2015 Páx. 18387

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1359/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1359/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia da Fundación Laboral de la Construcción contra Canalizaciones, Estructuras y Obras Construcciones, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa decisión di:

«Decisión.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta pola Fundación Laboral de la Construcción fronte á entidade Canalizaciones, Estructuras y Obras Construcciones, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Arts, Artesanos de la Construcción, Reformas y Rehabilitación, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 335,51 €.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe interpor recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas. Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Canalizaciones, Estructuras y Obras Construcciones, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de abril de 2015

A secretaria xudicial