Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 8 de maio de 2015 Páx. 18488

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2015 pola que se anuncia a licitación do contrato de subministracións para a ampliación da capacidade instrumental e de adquisición de datos mediante un equipamento de fibra óptica, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), programa operativo UNLC13-1E-2291 (expediente 2015/1004).

– Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Patrimonio, Inventario e Xestión Económica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Patrimonio, Inventario e Xestión Económica-Sección de Contratación.

2º. Domicilio: Reitoría da Universidade da Coruña. R/ Maestranza, núm. 9, 1º andar.

3º. Localidade e código postal: A Coruña 15001.

4º. Teléfono: +34 981 16 70 00 (extensións 1118, 1038).

5º. Telefax: +34 981 16 70 20.

6º. Correo electrónico: seccion.contratacion@udc.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.udc.gal/contratacionadministrativa

8º. Data límite de obtención de documentación e información: durante o prazo de presentación de proposicións.

* Número de expediente: 2015/1004.

– Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: ampliación da capacidade instrumental e de adquisición de datos mediante un equipamento de fibra óptica.

c) Lugar de execución/entrega: CITEEC.

1) Domicilio: Campus de Elviña.

2) Localidade e código postal: A Coruña 15071.

d) Prazo de execución/entrega: 120 días naturais.

e) Admisión de prórroga: conforme o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 38621000-4.

– Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: abierto.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

– Valor estimado do contrato: 85.317,00 euros.

– Orzamento base de licitación:

Importe neto: 85.317,00 euros. Importe total: 103.233,57 euros.

– Garantías exixidas:

Definitiva: 5 % de importe de adxudicación (IVE excluído).

– Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría) (se é o caso): os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (se é o caso): os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

– Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: de luns a venres, antes das 14.00 horas, do décimo quinto día natural que empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o prazo remata en sábado ou día inhábil, trasladarase ao día seguinte hábil.

b) Modalidade de presentación: a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade da Coruña.

2º. Domicilio: Reitoría, r/ Maestranza, número 9.

3º. Localidade e código postal: A Coruña 15001.

d) Admisión de variantes, se procede: especifícase no prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: especifícase no prego de cláusulas administrativas particulares.

– Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura dos criterios non avaliables de forma automática (sobre B) e dos criterios avaliables de forma automática (sobre C).

b) Enderezo: Reitoría. R/ Maestranza, número 9.

c) Localidade e código postal: A Coruña 15001.

d) Data e hora:

1º Apertura do sobre B: o cuarto día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación de proposicións, ás 12.00 horas. Se este día coincide en sábado, realizarase o luns seguinte á mesma hora.

2º Apertura do sobre C: a mesa de contratación comunicará, a través do perfil do contratante o día e hora en que terá lugar.

– Gastos de publicidade: serán por conta das empresas adxdicatarias a prorrata.

– Outras informacións: o adxudicatario da contratación estará obrigado a cumprir as obrigas de información e publicidade comunitaria establecidas nos artigos 8 e 9 do Regulamento CE nº 1080/2006 do Parlamento Europeo e do Consello e concordantes, relativo ao Feder.

A Coruña, 14 de abril de 2015

P.D. (Resolución do 16.1.2012)
Juan M. Díaz Villoslada
Xerente da Universidade da Coruña