Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 8 de maio de 2015 Páx. 18398

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador AC-EP 378/2014, en materia de espectáculos públicos.

Intentada a notificación ao titular do establecemento que se indica a continuación sen que se puidese practicar, resolvo notificar por este medio, ao abeiro do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que se ditou resolución no expediente sancionador que se relaciona no anexo, por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá.

Contra esta resolución que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Advírtase que, de non ser interposto este en tempo e forma, terá que aboar a multa imposta nos períodos de pagamento voluntario sinalados no boletín de multas e sancións que será facilitado no Servizo de Administración Local e Interior desta xefatura territorial sito no Edificio Administrativo Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.

As débedas non satisfeitas nos períodos citados no punto anterior exixiranse en vía de constrinximento.

A Coruña, 14 de abril de 2015

María Barreiro Lázare
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente

Denunciada

Enderezo

Establecemento

Precepto infrinxido

Precepto sancionador

Resolución

AC-EP 378/2014

Mª Cristina Iglesias Sobrado

R/ M. Pontejos, 12, 7º, 15001 A Coruña

Punto 3

26.e) da

LO 1/1992

28 da LO 1/1992

180,00 €