Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 8 de maio de 2015 Páx. 18411

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizos de dixitalización de fondos documentais con valor histórico para a súa integración no Arquivo Dixital integrado na Comunidade Autónoma de Galicia (2 lotes), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (75 %) no marco do proxecto Arpad (Arquivo Dixital, conservación do patrimonio documental e eliminación do papel nas relacións administrativas), integrado no Programa de cooperación transfronteiriza España-Norte de Portugal (Poctep) (contratación documentalmente simplificada).

programa transfronterizo.png

De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Dirección da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21469

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 214, do 7.11.2014.

2. Obxecto do contrato.

Tipo: servizos, non suxeito a regulación harmonizada.

a) Descrición: servizo de dixitalización de fondos documentais con valor histórico para a súa integración no Arquivo Dixital integrado na Comunidade Autónoma de Galicia (2 lotes), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (75 %) no marco do proxecto Arpad (Arquivo Dixital, conservación do patrimonio documental e eliminación do papel nas relacións administrativas), integrado no Programa de cooperación transfronteiriza España-Norte de Portugal (Poctep).

Lote 1: conxunto de documentos do Arquivo do Reino de Galicia e do Arquivo Histórico Provincial de Ourense.

Lote 2: conxunto de documentos do Arquivo Municipal de Tui (Pontevedra).

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Importe sen IVE: 74.380,17 €.

IVE (21 %): 15.619,83 €.

Importe total: 90.000 €, IVE incluído.

Lote 1: 30.000 €, IVE incluído (s/IVE 24.793,39 € + IVE (21 %) 5.206,61 €). Financiado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Lote 2: 60.000 €, IVE incluído (s/IVE 49.586,78 € + IVE (21 %) 10.413,22 €). Financiado polo Concello de Tui.

5. Formalización do contrato.

Lote 1: conxunto de documentos do Arquivo do Reino de Galicia e do Arquivo Histórico Provincial de Ourense.

a) Data de adxudicación: 7 de abril de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 17 de abril de 2015.

c) Contratista: Vinfra, S.A.

d) Importe de adxudicación: 24.793,39 euros, IVE excluído.

Lote 2: conxunto de documentos do Arquivo Municipal de Tui (Pontevedra).

a) Data de adxudicación: 7 de abril de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 17 de abril de 2015.

c) Contratista: Vinfra, S.A.

d) Importe de adxudicación: 49.586,78 euros.

Vantaxes das ofertas adxudicatarias: ofertas economicamente máis vantaxosas ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2015

P.D. (Orde 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e
Ordenación Universitaria