Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 8 de maio de 2015 Páx. 18409

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello da Estrada (expediente IN407A 2015/61-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Vicepresidencia-Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Domicilio social: Edificio Administrativo San Caetano, 1, 15781 Santiago de Compostela.

Denominación: LMTS, CT Centro de Emerxencias do 112 na Estrada.

Situación: A Estrada.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ, de 1.485 metros de lonxitude, con orixe na Subestación da Estrada de Unión Fenosa Distribución e final no CT proxectado para o Centro de Emerxencias do 112 na Estrada. Centro de transformación de 1.000 kVA, RT 20 kV/420 V, situado na rúa da Cultura, A Estrada.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 21 de abril de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra