Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 8 de maio de 2015 Páx. 18463

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 22 de abril de 2015, do Servizo de Consumo de Ourense, polo que se empraza a sociedade interesada para ser notificada por comparecencia no expediente 32001-054-2015.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e despois de intentada a notificación persoal, emprázase a sociedade interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado pola xefa do Servizo de Consumo o 20 de febreiro de 2015.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo Provincial do Instituto Galego de Consumo, con enderezo na avda. de Zamora, nº 13, baixo, de Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 22 de abril de 2015

Cristina E. Vázquez Gil
Xefa do Servizo de Consumo de Ourense

ANEXO

Expediente: 32001-054-2015.

Interesada: Redes e Tecnoloxías Galegas, S.L.

NIF: B32427809.

Acto notificado: inicio do expediente sancionador.