Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 7 de maio de 2015 Páx. 18080

III. Outras disposicións

Xunta Electoral Provincial da Coruña

ACORDO do 1 de maio de 2015 polo que se fai designación da Comisión de Radio e Televisión para as eleccións locais, convocadas polo Real decreto 233/2015, do 30 de marzo.

A Xunta Electoral Provincial, en reunión do día da data, á vista da delegación efectuada pola Xunta Electoral Central por medio da Instrución 2, do 15 de abril de 2015 (BOE núm. 95), acordou designar a Comisión de Radio e Televisión en relación coas eleccións locais, convocadas polo Real decreto 233/2015, á cal, conforme dispón o artigo 65.5 da Lei orgánica do réxime electoral xeral, corresponde, baixo a dirección da Xunta Electoral Provincial, efectuar a proposta de distribución de espazos gratuítos de propaganda electoral nos medios de comunicación de titularidade pública de ámbito rexional.

A Comisión de Radio e Televisión constituíuse e está formada polas seguintes persoas:

Ana-Isabel Peón Piñeiro, Partido Popular (PP), presidenta.

Francisco José Suárez Fernández, Partido Socialista Obreiro Español (PSOE), vogal-secretario.

Carlos Ignacio Aymerich Cano, Bloque Nacionalista Galego-Asembleas Abertas (BNG), vogal.

A Coruña, 1 de maio de 2015

Manuel Ferreiro González
Secretario da Xunta Electoral Provincial da Coruña