Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 7 de maio de 2015 Páx. 18197

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación, por procedemento aberto, para a contratación da subministración, en lote único, de sete vehículos recolectores de residuos sólidos urbanos de 12 metros cúbicos e dun vehículo tipo furgón pechado con destino ao Servizo de Augas e Medio Ambiente.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación da subministración, en lote único, de sete vehículos recolectores de RSU de 12 m3 e dun vehículo tipo furgón pechado con destino ao Servizo de Augas e Medio Ambiente da Deputación Provincial de Ourense, cun gasto autorizado de 1.000.000,00 € (IVE, matriculación e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do día 19 de xuño de 2015, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense ou por correo. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no prego de condicións ao que poderán accederse gratuitamente a través do perfil do contratante na web da Deputación www.depourense.es . As solicitudes de información poderán formularse telefonicamente 988 31 75 40 perante o Servizo de Contratación.

Sen prexuízo de calquera outros recursos que se estimen procedentes, o prego de condicións, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que teñan de rexer a licitación, serán susceptibles de recurso especial en materia de contratación ante o Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais no prazo de quince días hábiles e alternativamente de recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses, contados ambos os prazos desde o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, se é o caso, da última publicación (se non fosen simultáneos).

Ourense, 21 de abril de 2015

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense