Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 7 de maio de 2015 Páx. 18125

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai público o cofinanciamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) de subministracións, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

missing image file

En cumprimento da normativa da Unión Europea, reguladora dos fondos europeos, en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) núm. 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro, procede dar publicidade ás actuacións tramitadas no ano 2015 que a continuación se relacionan por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea.

1. Subministración de mobiliario para aulas de infantil e primaria para os distintos centros educativos que dependen da Consellería (expediente ED-03/15 SU).

a) Descrición do obxecto: subministración de mobiliario para aulas de infantil e primaria para os distintos centros educativos que dependen da Consellería.

b) Número de expediente: ED-03/15SU.

c) Orzamento base de licitación (IVE excluido): 180.030 euros, cuxa distribución por lotes é a que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Publicidade da licitación: 5 de xaneiro de 2015 (DOG núm. 2).

2. Subministración de pupitres M-19, encerados e perchas para os centros educativos de ensino secundario que dependen da Consellería (expediente: ED-04/15 SU).

a) Descrición do obxecto: subministración de pupitres M-19, encerados e perchas para os centros educativos de secundaria que dependen da Consellería.

b) Número de expediente: ED-04/15SU.

c) Orzamento base de licitación (IVE excluído): 191.860 euros, cuxa distribución por lotes é a que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Publicidade da licitación: 20 de febreiro de 2015 (DOG núm. 35).

3. Subministración de mesas de ordenador e encerados brancos para os distintos centros educativos que dependen da Consellería (expediente: ED-05/15 SU).

a) Descrición do obxecto: subministración de mesas de ordenador e encerados brancos para os distintos centros educativos que dependen da Consellería.

b) Número de expediente: ED-05/15SU.

c) Orzamanto base de licitación (IVE excluído): 185.920 euros, cuxa distribución por lotes é a que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Publicidade da licitación: 20 de febreiro de 2015 (DOG núm. 35).

Santiago de compostela, 21 de abril de 2015

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e
Ordenación Universitaria