Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 7 de maio de 2015 Páx. 18084

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2015, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados/as, convocado pola Orde do 9 de maio de 2014 (DOG número 96, do 21 de maio), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 22 de abril de 2015, o tribunal nomeado pola Orde do 9 de xaneiro de 2015 (DOG núm. 9, do 15 de xaneiro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados/as, acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2, que o segundo exercicio do proceso selectivo se realice o día 12 de maio de 2015, na sala D do Edificio Administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela, a partir das 16.30 horas.

Convócanse para a realización do segundo exercicio os/as aspirantes que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo que se relacionan a continuación, con indicación do idioma comunitario elixido:

NIF

Apelidos e nome

Idioma comunitario

44841323V

Álvarez Caramés, Isabel

Inglés

44847253J

Casado Núñez, Gracia Laura

Italiano

77409938B

Cortizo Míguez, Carlos

Inglés

47381068X

Gándara Solorzano, Paloma

Inglés

77406306J

Nieto Grande, Paula

Inglés

32701198M

Pereira de la Riera, Josefina

Italiano

Os/as aspirantes deberán presentarse provistos/as de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2015

Mª Isabel Novo Castro
Presidenta do tribunal