Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co disposto nos seus artigos 59.5 e 61, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto foi adoptadp polo xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Coruña.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo; rúa Vicente Ferrer, 2, andar 9º, ala sur, concello da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.
A Coruña, 15 de abril de 2015
Luis G. Eirís Puñal
Xefe da Área Provincial da Coruña
ANEXO
VP-C 8/15.
Denunciado: José Emilio Romance Gil.
Acto notificado: acordo de incoación do procedemento sancionador en materia de vivenda.