Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 6 de maio de 2015 Páx. 17837

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tomiño

ANUNCIO de avaliación de incidencia ambiental.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente polo que a mercantil Sanitex, S.L. solicita licenza de obra e de actividade para centro de coidados bucodentais na rúa República Arxentina, nº 24, baixo, parroquia de Tomiño, deste termo municipal, co fin de que todas as persoas que se consideren afectadas dalgún modo pola actividade poidan examinar o proxecto presentado e realizar as observacións que consideren oportunas, presentándoas por escrito no Rexistro Xeral deste concello, no prazo de vinte (20) días que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.

Tomiño, 13 de abril de 2015

Sandra González Álvarez
Alcaldesa