Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 5 de maio de 2015 Páx. 17659

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de licitación do contrato de servizo alleo de prevención de riscos laborais para este concello e os seus organismos autónomos.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. Rúa Michelena, nº 30, 36001 Pontevedra. Órgano de contratación: Xunta de Goberno Local.

2. Obxecto: prestar servizo alleo de prevención de riscos laborais e dar cumprimento ás obrigacións establecidas na norma reguladora. Prazo de execución: catro (4) anos. Admisión de prórroga: dous (2) anos.

3. Procedemento e forma: aberto. Criterios de adxudicación: anexo II do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento de licitación total: 162.023,994 €.

5. Garantías: provisional: non. Definitiva: 5 %.

6. Obtención da documentación e información: Servizo de Contratación. Concello de Pontevedra 36071. Teléfono: 986 80 43 00, fax: 886 21 28 43 e www.pontevedra.eu

7. Presentación de ofertas: cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Criterios de adxudicación e apertura das ofertas: segundo o establecido nos pregos.

Pontevedra, 13 de abril de 2015

Raimundo González Carballo
Concelleiro de Goberno