Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 5 de maio de 2015 Páx. 17602

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 15 de abril de 2015, da Área de Recadación, polo que se relacionan reintegros e xuros de axudas e subvencións pendentes de notificar e se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia (Padroado de Turismo da Provincia de Lugo e seis máis).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei xeral tributaria 58/2003, do 17 de decembro, relaciónanse reintegros e xuros de axudas e subvencións pendentes de notificar, despois de intentadas as notificacións persoais, e emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Departamento Central de Recadación en aplicación do establecido no artigo 25 do Decreto 202/2012, do 18 de outubro, polo que se crea a Axencia Tributaria de Galicia e se aproba o seu estatuto.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince (15) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, perante o Departamento Central de Recadación, con enderezo na rúa da Pastoriza, 8, 4º, 15781, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2015

Matías Alonso del Campo
Xefe da Área de Recadación

ANEXO

Interesado/a

CIF

Enderezo

Liquidacións

Importe

Padroado de Turismo da Provincia de Lugo

V27406156

Avda. Ramón Ferreiro, 18

27002 Lugo

500150001786

500150001787

40.293,72 €

2.988,35 €

Editorial Danú

B15741895

Rúa Tras do Pilar, 6, 2

15701 Santiago de Compostela (A Coruña)

500150001784

500150001785

20.920 €

1.897,13 €

Netbiblo

B15800683

r/ Rafael Alberti, 6, baixo, esq., Santa Cristina

15172 Oleiros (A Coruña)

500150000072

500150000073

6.168,26 €

449,22 €

Gesbiblo, S.L.

B15951494

r/ Rafael Alberti, 6, baixo esq., Santa Cristina

15172 Oleiros (A Coruña)

500150000075

500150000078

37.260,95 €

6.537,80 €

Fundación para el Desarrollo de la Empleabilidad y la Formación (Fundefo)

G15859689

Pz. de Recife, 5, 3

15004 A Coruña

500150004272

500150004274

361,73 €

92,43 €

Asoc. de Discapacitados de Galicia

G70089156

Pz. do Libro, 10 7 der.

15005 A Coruña

500150004268

500150004270

11.059,11 €

1.513,74 €

Percebellos, C.B.

E36062685

Rúa do Rollo, 24

36630 Cambados (Pontevedra)

500150004133

500150004135

826,72 €

240,12 €