Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 5 de maio de 2015 Páx. 17571

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo para a elaboración e distribución de sistemas de identificación e control para artes de pesca (2 lotes) (expediente 13/2015). Procedemento cofinanciado pola Unión Europea, Fondo Europeo de Pesca (FEP) nun 75 %.

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo para a elaboración e distribución de sistemas de identificación e control para artes de pesca.

Lote 1: elaboración de sistemas de identificación e control para artes de pesca.

Lote 2: almacenaxe, custodia e distribución dos sistemas de identificación e control para artes de pesca.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21765

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 3, do 7 de xaneiro de 2015.

e) División por lotes e número: 2 lotes.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 140.000,00 €, IVE (21 %): 29.400,00 €. Importe total: 169.400,00 €.

Valor estimado:140.000,00 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato.

Lote 1: elaboración de sistemas de identificación e control para artes de pesca.

a) Data de adxudicación: 6 de abril de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 10 de abril de 2015.

c) Adxudicatario: Royal Pack Productos de Seguridad, S.L. (B-86445764).

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe: 99.940,00 € (sen IVE).

IVE (21 %): 20.987,40 €.

Importe total: 120.927,40 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta economicamente máis vantaxosa.

Lote 2: almacenaxe, custodia e distribución dos sistemas de identificación e control para artes de pesca.

Non se formalizou o contrato. Resolución de desistencia do procedemento de contratación do 16 de febreiro de 2015.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2015

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar