Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 5 de maio de 2015 Páx. 17548

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2015 pola que se anuncia a licitación por procedemento aberto multicriterio, trámite ordinario, para a adxudicación do contrato non harmonizado da subministración, instalación e posta en funcionamento do equipamento de guindastres de mobilización de persoas para diversos centros desta consellería (contratación documentalmente simplificada).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Obras.

c) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

d) Enderezo do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22418

e) Número de expediente: 24/2015.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: subministración, instalación e posta en funcionamento do equipamento de guindastres de mobilización de persoas para diversos centros da Consellería de Traballo e Benestar.

CPV (referencia de nomenclatura): 42410000-3.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de entrega e instalación: nos centros da Consellería de Traballo e Benestar indicados no prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de execución: 60 días naturais.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación:

Valor estimado: 114.111,16 €. IVE (10 %): 11.411,12 €. Importe total: 125.522,28 €.

5. Garantías:

Definitiva: si, 5 % do importe de licitación, IVE excluído (5.705,56 €).

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia: ver punto 5.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: o prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas poderán ser examinados no Servizo de Obras da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22418

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono:

– Información índole administrativa: 981 54 46 52 (Mª José Rodríguez Novoa).

– Información índole técnica 981 54 46 80 (José Luis Fernández Murias).

e) Telefax: información índole administrativa: 981 54 56 85 (Servizo de Obras).

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día de presentación de ofertas.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula 5 do prego de cláusulas administrativas particulares, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de que estean inscritos no Rexistro de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia, deberá reflectilo de forma fidedigna no exterior do sobre A, indicando o número de rexistro asignado.

c) Lugar de presentación:

1º. Oficina de rexistro único e información no Complexo Administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, de luns a venres, das 9.00 ás 19.00 horas e os sábados das 9.00 ás 14.00 horas.

2º. As proposicións poderán enviarse por correo dentro do prazo de admisión indicado, xustificando a data de imposición do envío anunciándoo á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar mediante télex, fax ou telegrama, no mesmo día e nun só envío.

Se a documentación se presenta en calquera outro rexistro diferente ao indicado nos parágrafos anteriores, a proposta non será admitida á licitación.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses desde a apertura en acto público.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade: 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: o acto público de apertura dos sobres B e C efectuarase no lugar, data e hora que se publicará no perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22418 , con tres días hábiles de antelación á súa realización, así como calquera posible variación destas datas.

10. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2015

P.D. (Artigo 1 da Orde do 19.8.2009)
Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar