Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 5 de maio de 2015 Páx. 17529

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 6 de abril de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se dá publicidade á resolución pola que se modifica (por modificación substancial) e se refunde o texto da autorización ambiental integrada outorgada a Somozas Valorización de Lodos-Biogás, S.L. (Sologas) para o centro de tratamento de residuos As Somozas que se localiza no concello das Somozas (número de rexistro 2012-IPPC-35-260).

De conformidade co artigo 23.3 da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, dáse publicidade á Resolución do 24.3.2015 pola que se modifica (por modificación substancial) e se refunde o texto da autorización ambiental integrada outorgada a Somozas Valorización de Lodos-Biogás, S.L. (Sologas) para o centro de tratamento de residuos As Somozas que se localiza no concello das Somozas (A Coruña).

Esta resolución pódese consultar na seguinte ligazón http://www.cmati.xunta.es/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada e/ou nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2ª andar).

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental