Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 4 de maio de 2015 Páx. 17386

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Confederación de Empresarios de Galicia

ACORDO do 17 de abril de 2015 polo que se anuncia a licitación para a contratación dos servizos da plataforma empresarial no exterior de Galicia (Pexga) no Reino Unido.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Entidade: Confederación de Empresarios de Galicia (CEG).

b) Domicilio: Rúa do Vilar nº 54.

c) Código postal e localidade: 15705 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 55 58 88.

e) Telefax: 981 55 58 82.

f) Correo electrónico: info@ceg.es

g) Enderezo da internet: www.ceg.es

h) Data límite para a obtención de documentación e información: 15 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio.

i) Número de expediente: CO-001-2015.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: contratación dos servizos da plataforma empresarial no exterior de Galicia (Pexga) no Reino Unido.

c) Lugar de execución: Reino Unido.

Oficina principal: Londres.

d) Prazo de execución: catorce meses.

e) CPV (referencia de nomenclatura): 79411100-9.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: negociado con publicidade.

4. Orzamento da licitación:

a) 204.000 € (impostos incluídos).

5. Garantías exixidas:

a) Definitiva: 5 %.

6. Requirimentos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira, así como solvencia técnica e profesional segundo os criterios establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Lugar de presentación:

Dependencia: Rexistro da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG).

Domicilio: Rúa do Vilar nº 54.

Código postal e localidade: 15705 Santiago de Compostela. A Coruña. España.

b) Data límite de presentación: ata as 19.00 horas (hora local) do día 19 de maio de 2015.

8. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2015

José Manuel Fernández Alvariño
Presidente da Confederación de Empresarios de Galicia