Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 4 de maio de 2015 Páx. 17369

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2015 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada e trámite ordinario, documentalmente simplificado, do contrato de obras de urbanización dos sistemas xerais da primeira fase da Plataforma Loxística e Industrial Salvaterra do Miño-As Neves (Plisan) (expediente PLISAN-2015/URB01).

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obras de urbanización dos sistemas xerais da primeira fase da Plataforma Loxística e Industrial Salvaterra do Miño-As Neves (Plisan).

b) Prazo de execución: 18 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: once millóns cento oitenta e oito mil douscentos trinta e un euros con seis céntimos (11.188.231,06 €), IVE excluído.

b) IVE (21 %): dous millóns trescentos corenta e nove mil cincocentos vinte oito euros con cincuenta e dous céntimos (2.349.528,52 €).

c) Importe total: trece millóns cincocentos trinta e sete mil setecentos cincuenta e nove euros con cincuenta e oito céntimos (13.537.759,58 €).

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % orzamento base de licitación, 559.411,55 € (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría E.

7. Obtención de documentación.

– Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas polos que haberá de rexerse a contratación poderán recollerse durante o prazo de presentación de proposicións no Servizo de Contratación da sede central do Instituto Galego da Vivenda e Solo (polígono das Fontiñas, Area Central s/n, Santiago de Compostela), e consultarse na páxina da internet:

http://www/contratosdegalicia/resultado.jsp?N=22552

– Tamén no perfil do contratante:

http://igvs.xunta.es/web/igvs/329

8. Presentación das ofertas.

As proposicións, que se axustarán ao modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no Rexistro da sede dos servizos centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo (polígono das Fontiñas, Área Central s/n, Santiago de Compostela), antes das 14 horas do día 12 de xuño de 2015.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (981 54 16 00) no mesmo día.

9. Posibilidade de variantes.

Non se admiten.

10. Apertura das ofertas.

O acto público de apertura do sobre B (documentación relativa a criterios non avaliables de forma automática) terá lugar no salón de actos da sede dos servizos centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo, ás dez (10.00) horas, nun prazo non superior a 7 días contados desde a apertura da documentación administrativa, que será anunciada no perfil do contratante.

O acto público de apertura do sobre C (documentación relativa a criterios avaliables de forma automática) terá lugar no salón de actos da sede dos servizos centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo, ás dez (10.00) horas da data que será anunciada, con tres días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante.

11. Gasto do anuncio.

O importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do presente anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea.

4 de maio de 2015.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2015

Heriberto Garcia Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo