Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 30 de abril de 2015 Páx. 16899

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a proposta de resolución dos expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos OU-E-2/2015 e OU-E-4/2015.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao titular do establecemento que se especifica no anexo a proposta de resolución do expediente sancionador por infracción á Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

A competencia para impor esta clase de sancións correspóndelles aos xefes territoriais da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, de conformidade co establecido no artigo 29.1.d) da LO 1/1992, en relación co Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo; no Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución a órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos (DOG do 30 de setembro), e na disposición transitoria primeira do Decreto 245/2009, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia.

Infórmaselle que, de conformidade co establecido no artigo 135 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e nos artigos 3, 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto), conta cun prazo de quince días hábiles contados desde a publicación para exercer ante o instrutor o dereito de audiencia e formular alegacións, así como examinar o expediente nestas dependencias. Igualmente poderá exercer o dereito de recusación nos casos e na forma prevista no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A tramitación do expediente realízase na oficina da Xefatura Territorial da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sita na avenida da Habana, 79, 2º de Ourense.

Ourense, 10 de abril de 2015

P.A.
Marisol Díaz Mouteira
Secretaria territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente: OU-E-2/2015.

CIF: 76726856-Y.

Denunciado: José Alberto Iglesias Blanco.

Enderezo: rúa San Martín, 28, Ribadavia (Ourense).

Establecemento: Dos Amigos, rúa San Martín, 28, Ribadavia (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 23 o) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola LO 4/1997.

Importe da sanción: 301 €.

Número de expediente: OU-E-4/2015.

NIF: 34945814-M.

Denunciado: Juan José Mato Rodríguez.

Enderezo: rúa San Martín, nº 36, Ribadavia (Ourense).

Establecemento: Qabalah, rúa San Martín, nº 36, Ribadavia (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 26 e) da LO 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola LO 4/1997.

Importe da sanción: 300 €.